• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta asina co Concello de Cartelle o convenio para dotar de saneamento o núcleo rural de Couxiliño

A Xunta asina co Concello de Cartelle o convenio para dotar de saneamento o núcleo rural de Couxiliño

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:25

? A Xunta financiará integramente as obras, que suporán un investimento superior aos 48.000 ?, e o Concello de Cartelle executará e manterá as novas infraestruturas
? Executarase unha rede de saneamento que servirá as vivendas situadas na pista que enlaza Couxiliño con núcleo da Lagoa, á que poderá acceder unha poboación estimada de 48 habitantes
? A Xunta mantén a súa disposición de cooperación técnica e financeira cos concellos para axudalos nas súas responsabilidades municipais de saneamento e depuración

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2022.– A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, o convenio de colaboración para a construción dunha rede de saneamento no núcleo rural de Couxiliño.Segundo o establecido neste convenio, a Xunta financiará integramente os traballos, que suporán un investimento superior aos 48.000 euros. O Concello de Cartelle executará as obras e asumirá o mantemento das novas infraestruturas hidráulicas. Trátase de executar as actuacións necesarias para dotar de sistema de saneamento municipal colectivo as vivendas situadas na pista que enlaza Couxiliño co núcleo da Lagoa. Para iso executarase unha rede formada por un colector por gravidade, tubaxe soterrada para a canalización das augas residuais, 16 pozos de rexistro para enlazar a rede de saneamento e 8 acometidas particulares para dar servizo ás vivendas. Mediante estes traballos dotarase de rede de saneamento a preto de 50 habitantes que non conta na actualidade co dito servizo. O Goberno galego mantén o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficaz as súas responsabilidades nos servizos de saneamento, depuración e abastecemento, de competencia municipal.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar