• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta anima á poboación galega a participar no programa de detección precoz do cancro colorrectal

A Xunta anima á poboación galega a participar no programa de detección precoz do cancro colorrectal

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:10

Potenciar a participación cidadá nos diferentes programas poboacionais de cribado existentes é unha das liñas prioritarias de traballo da Consellería de Sanidade

A proba de confirmación no diagnóstico precoz do cancro colorrectal –colonoscopia–, permite identificar e extirpar lesiones precursoras, tendo un impacto importante na incidencia da enfermidade, ao evitar o desenvolvemento de novos cancros

Entre os anos 2013 e 2021, este programa de detección precoz permitiu detectar preto de 2.000 cancros invasivos, a meirande parte deles en estadios precoces; e máis de 16.700 lesións precursoras que poderían evolucionar cara un cancro

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Colon, que se celebra mañá, a Xunta de Galicia lembra á poboación galega a importancia de participar no conxunto de programas de detección precoz que, anualmente, organiza a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública.No caso do programa de detección precoz do cancro colorrectal, desde a súa posta en marcha no ano 2013, e ata 2021, o departamento sanitario da Xunta enviou máis 1,5 millóns de invitacións para participar no mesmo, entregando ademais, unha cifra que supera xa os 700.000 tests.Durante ese período de tempo, o Servizo Galego de Saúde realizou máis de 40.000 colonoscopias, o que permitiu diagnosticar 16.783 casos cunha lesión que requiría de vixilancia endoscópica, e 1.970 cancros invasivos (o 66 % en estadios precoces). A elevada porcentaxe de cancros que se diagnostican en estadios precoces permite un mellor prognóstico dos mesmos, e posibilita acadar unha maior supervivencia, e menor mortalidade. Así, a proba de confirmación diagnóstica –colonoscopia–, permite identificar e extirpar lesións precursoras, tendo un impacto importante na incidencia da enfermidade, ao evitar o desenvolvemento de novos cancros.A Dirección Xeral de Saúde Pública anima a participar neste programa poboacional de cribado a toda a poboación de 50 a 69 anos, e de xeito moi especial aos homes maiores de 60 anos, pois son o segmento de poboación que menos participa e que maior risco ten; sendo polo tanto, o grupo de persoas que máis se pode beneficiar deste programa poboacional de detección precoz.A Consellería de Sanidade ten entre os seus obxectivos prioritarios potenciar a participación cidadá nos programas poboacionais de cribado existentes, tanto nos destinados á poboación adulta (cancros de mama, colon e cérvix), así como naqueles destinados á poboación neonatal (hipoacusia e metabolopatías). O Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, está na actualidade implantado en toda Galicia. Así, en xullo do ano 2019 a Xunta acadaba o obxectivo de convidar a participar, polo menos unha vez, ao 100 % da poboación de entre 50 e 69 anos. Con este fito, a nosa comunidade adiantaba en 5 anos o obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade, que era o de rematar no ano 2024.A Xunta de Galicia segue a dar pasos que inciden no diagnóstico, prevención e tratamento desta enfermidade. Neste senso, o pasado mes de outubro, presentaba a Estratexia galega para a xestión do cancro, unha folla de ruta que se aliña co Plan Europeo, e que recolle explicitamente a posibilidade de desenvolver programas de detección temperá, deses cancros, en grupos de risco.Na mesma liña, a Dirección Xeral de saúde Publica acordou, o pasado mes de novembro, modificar a súa estratexia de envío dos test do cribado colon, tras verificar uns maiores resultados de participación, co envío directo dos ‘kit’ aos domicilios da poboación diana. Ademais, nos orzamentos de 2023 o Executivo galego incrementou nun 70 % a partida destinada aos programas galegos de cribado, tras acordar a extensión do cribado de cancro de cérvix ao conxunto da comunidade galega. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar