• Lunes, 20 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo

A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:12

As chuvias da 1ª quincena de setembro produciron un incremento puntual do caudal medio dos ríos, que baixou rapidamente, volvendo a valores previos

Na reunión ratificouse o mantemento da alerta por escaseza no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña

As reservas do encoro de Cecebre seguen baixando, cunha ocupación do 43,61%, polo que é necesario que os concellos adopten medidas para reducir os consumos

Continúa tamén a prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Lérez e ría de Pontevedra e no subsistema de Baiona

O resto dos sistemas de abastecemento da demarcación Galicia–Costa presentan niveis normais, cunha ocupación dos encoros de 64,44%, 6,16 puntos por riba con respecto ao mesmo período do ano anterior

A Xunta reitera aos concellos a necesidade de adoptar as medidas que consideren oportunas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga

144 Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023 A Xunta vén de activar a declaración de situación de alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo.Así o acordou a Oficina Técnica da Seca na reunión celebrada esta mañá, que presidiu a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, acompañada do xerente da entidade hidráulica da Xunta, Gonzalo Mosqueira, e na que participaron representantes de Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade, que integran este ente. O venres pasado a directora de Augas de Galicia mantivo unha reunión cos representantes dos municipios do sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, para abordar a situación de alerta por escaseza que xa estaba activa neste sistema e que a Oficina Técnica da Seca vén de confirmar no día de hoxe. As reservas do encoro de Cecebre seguen baixando, cunha ocupación actual do 43,61%.A pesar da incerteza na evolución do volume encorado en Cecebre para as próximas semanas e na capacidade da Coruña e os concellos da área para diminuír as demandas, a situación non é alarmante a curto prazo desde o punto de vista do abastecemento, pois esta zona conta cunha reserva importante de auga no lago das Encrobas.No encontro de hoxe avaliouse a situación meteorolóxica, concluíndo que tras un setembro con precipitacións tormentosas e irregulares, o mes de outubro está a comezar seco e cálido, aínda que se prevén as primeiras borrascas na segunda quincena.Así, aínda que as chuvias da 1ª quincena de setembro produciron un incremento puntual do caudal medio diario dos ríos, este baixou rapidamente, recuperándose os valores previos.Avaliados estes indicadores, na xuntanza tamén se confirmou o mantemento da situación de prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Lérez e ría de Pontevedra. Tamén se manteñen as medidas equivalentes a un escenario de prealerta ou escaseza moderada no subsistema de Baiona, situado no sistema de explotación do río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, desde o cal se abastece o concello de Baiona.No encontro mantido hoxe confirmouse, ademais, o mantemento da activación da situación de seca prolongada, que mide fundamentalmente as precipitacións rexistradas, nos sistemas de explotación do río Mero a Ferrol, e do río Mera á ría de Ribadeo. Pese a que no mes de setembro se produciu unha mellora importante dos indicadores de seca nestes sistemas, o indicador aínda se mantén en valores correspondentes ao escenario de seca prolongada. A situación do resto dos sistemas de abastecemento da demarcación de competencia autonómica presenta niveis de normalidade. A ocupación actual dos encoros de abastecemento de Galicia–Costa é do 64,44%, 6,16 puntos por riba da ocupación do mesmo período para o ano 2022.A Xunta segue realizando un seguimento continuo da situación meteorolóxica e hidrolóxica para poder anticipar as medidas necesarias ante un posible episodio de escaseza de auga, así como promovendo un consumo responsable.O Goberno galego reitera aos concellos a necesidade de adoptar as medidas que consideren oportunas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga que se realicen no seu municipio.continuará realizando un seguimento intensivo da situación meteorolóxica e dos niveis de ríos, encoros e acuíferos da demarcación Galicia–Costa, así como das posibles incidencias que se detecten.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar