• Domingo, 16 de junio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta acorda co alcalde da Gudiña colaborar na reparación da cuberta do centro de saúde do Concello

A Xunta acorda co alcalde da Gudiña colaborar na reparación da cuberta do centro de saúde do Concello

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:45

O Sergas trasladou ao Concello unha proposta de convenio para cofinanciar unhas obras de reforma para as que se estima un custo de preto de 50.000 ?

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Ourense, 4 de febreiro de 2023 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña trasladou ao alcalde da Gudiña, José María Lago, a intención da Xunta de colaborar nas obras de reparación da cuberta do centro de saúde deste Concello, necesarias para poder arranxar o problema de filtración de auga que vén sufrindo o edificio.Conselleiro e alcalde acadaron este acordo nunha reunión mantida esta semana na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que estiveron acompañados do delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Felix Rubial. Dado que o centro de saúde é de titularidade municipal, resulta necesario subscribir un convenio de colaboración entre ambas administracións. Por elo, o Sergas remitiu xa ao concello unha proposta de convenio para recibir a súa conformidade a poder dar comezo á necesaria tramitación administrativa previa á súa sinatura. O texto contempla a realización dunha obra dun custo estimado próximo aos 50.000 euros, en base ao orzamento achegado polo Concello. Este custo será cofinanciado ao 50 % entre Xunta e Concello.Con esta actuación, a Xunta continúa no proceso de renovación das infraestruturas sanitarias de atención primaria de Galicia. Xa son 109 os centros de saúde que a Xunta construíu ou reformou dende 2009, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados. Xunto coas obras en marcha, estas actuacións significaron un investimento, nestes 13 anos, de máis de 120 millóns de euros. Para poder acadar este volume tanto en numero de centros como en investimento, foi totalmente necesaria a cooperación dos concellos que contan con centros de saúde de titularidade local, como é o caso do centro de saúde de A Gudiña. En concreto, nesta lexislatura, a Xunta achegou máis de 1,2 millóns de euros para 35 convenios de reforma de centros de saúde municipais, asumindo os concellos a outra parte do gasto. Ademais dese investimento en reformas, a Xunta tamén colabora nos gastos ordinarios. Así, dende 2017, o Executivo galego compensa aos concellos polos custos de mantemento dos seus centros de saúde. No orzamento para este ano, a Xunta reforzou o apoio e incrementou ata os 2,6 millóns de euros esta partida, o que supón un aumento do 8 %. Deste xeito, a Xunta de Galicia ten destinado dende 2017 cerca de 15 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal. No caso de A Gudiña, o concello recibiu en 2022 máis de 23.000 euros para sufragar os gastos de mantemento desta infraestrutura.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar