• Jueves, 22 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Xosé Merelles visita o Belén de Valga co que arranca Nadal en Galicia, a proposta da Xunta para potenciar o valor turístico destas datas

Xosé Merelles visita o Belén de Valga co que arranca Nadal en Galicia, a proposta da Xunta para potenciar o valor turístico destas datas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:10

Turismo de Galicia convida a participar nas diferentes propostas como beléns, mercados, espectáculos que se celebran nas catro provincias

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2023 A Xunta propón vivir este ‘Nadal en Galicia’ co seu produto de promoción no que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén nestas datas poñendo así en valor o seu potencial turístico.Entre elas inclúese o Belén Artesanal de Valga, de interese turístico, que hoxe visitou o director de Turismo de Galicia Xosé Merelles no seu primeiro día de apertura. Caracterizado por incorporar elementos da actualidade, con escenas locais da zona e personaxes ilustres do municipio, de Galicia e do resto de España, gran parte das pezas deste belén están en movemento. Destaca polo seu carácter popular e participativo coa implicación dos seus veciños. Estará aberto ata o 14 de xaneiro con apertura todos os días da semana. ‘Nadal en Galicia’ tamén inclúe o de Begonte, que conta co mesmo recoñecemento. Nel destacan as súas pezas artesanais e mecanismos con figuras que se renovan cada ano, feitas polos veciños. Desde a súa orixe creceu tanto que a sala adxacente está dedicada ao Museo do Belén. De feito alí tamén se pode ver o primeiro mecanismo que movía esta estructura nos 70 así como as antigas pezas que van sendo retiradas. Súmanse outras propostas de beléns destacados nas catro provincias así como os mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades.
Distintas opcións de lecer familiar, así como grandes espectáculos como OVO, do Circo do Sol, que conta co apoio económico da Xunta de Galicia e que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro, así como visitas guiadas especiais ou a iluminación que levará a cabo o Goberno autonómico en distintos monumentos e espazos patrimoniais do Camiño de Santiago tamén forman parte da oferta.‘Nadal en Galicia’ inclúe a edición dunha guía que se poderá consultar en vindeiros días na páxina web de Turismo de Galicia. Enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por desestacionalizar a actividade turística e facer da Galicia un destino atractivo en distintos momentos do ano para repartir temporalmente a chegada de viaxeiros e tamén os beneficios económicos que supón para as distintas localidades.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar