• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de dúas categorías de persoal estatutario do ámbito da biblioteconomía e documentación

O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de dúas categorías de persoal estatutario do ámbito da biblioteconomía e documentación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:50

A categoría con máis aspirantes é a de técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, con 76 admitidos

Resultaron admitidas 142 inscricións

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023 O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no primeiro proceso de elaboración das listas de selección temporal de dúas categorías: bibliotecario e técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación.Resultaron admitidas 142 inscricións. A categoría con máis aspirantes é a de técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, con 76 admitidosÉ o primeiro proceso de listas para estas categorías. A selección de aspirantes efectuouse consonte o disposto na Resolución do 13 de xuño de 2016, pola que se aproba o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº123, do 30 de xuño).Está en tramitación o Decreto de creación destas dúas categorías de bibliotecario e técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación. Sen prexuízo desta próxima aprobación, publícanse no día de hoxe as listas de admitidos e excluídos provisionais nestas categorías, co obxectivo de contar con profesionais dispoñibles para a contratación temporal.As bibliotecas do Servizo Galego de Saúde, cuxo papel na organización foi potenciado coa creación da biblioteca virtual Bibliosaúde por Orde da Consellería de Sanidade, desenvolven a función esencial de difundir o coñecemento científico–técnico nas ciencias da saúde e poñer a disposición das persoas usuarias información relevante e actualizada para a toma de decisións na práctica clínica, a docencia, a investigación e a xestión. En correspondencia con ese relevante papel e na procura de impulsalo, o Servizo Galego de Saúde traballa na apertura destas dúas novas listas de selección de persoal estatuario temporal no ámbito da biblioteconomía e documentación, publicando neste momento a lista provisional de admitidos.Tal e como recolle a convocatoria, o persoal bibliotecario e técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación exercerá as función inherentes que derivan das súas titulacións de acceso nas bibliotecas do Servizo Galego de Saúde.As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público–Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient–e/sección de procesos.O próximo tres de abril publicaranse as listas definitivas de técnico superior en ciencias da información, e o próximo catro de abril, as listas definitivas de enfermeiro, enfermeiro do 061 e técnico en coidados auxiliares de enfermaría.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo