• Miércoles, 15 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda pon en valor a importancia de loitar pola igualdade de homes e mulleres desde todos os ámbitos coa entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán

Rueda pon en valor a importancia de loitar pola igualdade de homes e mulleres desde todos os ámbitos coa entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:05

Destaca que Galicia ocupa un lugar central na historia da loita pola igualdade con persoas pioneiras na defensa dos dereitos da muller como a escritora coruñesa

Aposta por seguir a senda dun feminismo amplo que estea presente en todas as facetas da vida

Resalta o papel de María Teresa Cortizas–Criado na formación sobre violencia de xénero no eido xudicial; o traballo da Fundación Secretariado Gitano na integración sociolaboral das mulleres deste colectivo e a visibilidade que dá a asociación Executivas de Galicia ás galegas que son referentes nas súas profesións

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE A Coruña, 19 de setembro de 2023 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde a importancia de loitar pola igualdade efectiva de homes e mulleres desde todos os ámbitos da sociedade para continuar co legado de aqueles galegos e galegas que foron pioneiros na defensa dos dereitos das mulleres.Durante a entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán na Coruña, na que estivo acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, o titular do Goberno galego sinalou que Galicia ocupa un lugar central na historia da loita pola igualdade.Rueda puxo como exemplo deses galegos senlleiros a escritora que da nome a estes galardóns á que definiu como unha das fundadoras do feminismo. O presidente lembrou que o seu labor permitiu abrir moitas portas ás mulleres das seguintes xeracións e que Emilia Pardo Bazán foi pioneira ao lanzar unha colección literaria dedicada ao público feminino ou en definir os crimes contra a muller coma "mujericidios" ou "feminicidios". Ademais, o presidente subliñou que Emilia Pardo Bazán entendía que a reivindicación feminina non era monopolio de ningunha ideoloxía en especial e apostaba por unha alianza de mulleres e homes en pos dun obxectivo compartido. Nesta liña, Rueda amosou o compromiso da Xunta en seguir a senda dun feminismo amplo e presente en todas as facetas da vida.Rueda salientou que as premiadas desta quinta edición das Medallas Emilia Pardo Bazán amosan que a defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres está presente en ámbitos moi diferentes do día a día. O presidente destacou o labor realizado pola xuíza e delegada de Igualdade da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Teresa Cortizas–Criado, que se encarga da formación do persoal da xudicatura en materia de violencia de xénero e igualdade así como de impulsar a execución do Plan de Igualdade da Carreira Xudicial. Rueda tamén salientou o traballo que desde hai décadas realiza a Fundación Secretariado Gitano para mellorar a integración sociolaboral das mulleres xitanas, fomentado a igualdade de oportunidades e loitando contra todo tipo de discriminación. Nesta liña, lembrou o Programa Calí no que a Xunta colabora con esta entidade. Por último, agradeceu a Asociación Executivas de Galicia o seu labor diaria para dar visibilidade a aquelas galegas que son referentes hoxe en día na súa actividade profesional e servir de exemplo para as novas xeracións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar