• Sábado, 24 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda destaca a renovación da praza do Mar de Sanxenxo como exemplo de integración dos espazos urbanos e portuarios

Rueda destaca a renovación da praza do Mar de Sanxenxo como exemplo de integración dos espazos urbanos e portuarios

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:55

Salienta que permitirá dar unha nova vida a este espazo e que dará a oportunidade a veciños e visitantes de desfrutar da costa da localidade

Asegura que reforzará o atractivo desta vila, referente do turismo en Galicia

Resalta que Galicia rexistrou 6,4 millóns de viaxeiros e sitúase como principal destino turístico do norte de España

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a renovación da praza do Mar de Sanxenxo é un bo exemplo da integración dos espazos urbanos e portuarios para que os veciños e visitantes desta localidade pontevedresa poidan desfrutar da costa. Durante a inauguración da nova zona axardinada neste espazo, Rueda salientou que este proxecto Batea en Terra –deseñado por María Fandiño, gañadora dun dos premios anuais que outorga o Colexio de Arquitectos de España en 2021– permitirá dar unha nova vida a este espazo e utilizará, ademais, vexetación autóctona. Deste xeito, Sanxenxo reforzará o seu atractivo turístico, logo de ser un dos referentes no norte de España e clave no incremento de visitantes que está a rexistrar a comunidade galega. Na súa intervención, Alfonso Rueda destacou as cifras aportadas polo INE destes dez primeiros meses en canto ao turismo na nosa comunidade, as cales acadan os 6,4 millóns de viaxeiros Galicia situouse coma o primeiro destino do norte peninsular en demanda turística ata outubro e o sétimo máis importante de España. Ademais, estanse a acadar os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que hai rexistros. O titular do Goberno galego animou a seguir facendo un turismo con sentidiño e a abrirlle as portas aos visitantes non só no verán, posto que “Galicia pode desfrutarse durante todo o ano”, finalizou.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar