• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez sinala que o recoñecemento de Máster de Excelencia permite avanzar nun sistema universitario máis innovador, especializado e competitivo

Román Rodríguez sinala que o recoñecemento de Máster de Excelencia permite avanzar nun sistema universitario máis innovador, especializado e competitivo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:00

Reciben este selo os mestrados en Matemática Industrial (que imparten conxuntamente as tres universidades), en Computación de Altas Prestacións (entre as da Coruña e Santiago) e en Produción Xornalística e Audiovisual (da UDC)

Un total de nove mestrados universitarios galegos contan xa coa mención de excelencia, o selo de calidade implantado pola Xunta hai tres anos

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, sinalou hoxe o recoñecemento de Máster de Excelencia como unha das accións para “mellorar e avanzar cara un Sistema Universitario Galego máis competitivo e innovador e centrado na calidade”. Así o salientou na entrega desta mención ás tres novas titulacións que a acadan nesta edición, en concreto os másteres en Matemática Industrial (impartido entre as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo), en Computación de Altas Prestacións (entre A Coruña e Santiago) e en Produción Xornalística e Audiovisual (da Universidade da Coruña).No acto, no que participaron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio L ópez; da Universidade da Coruñ a, Julio Abalde, e da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa,Román Rodríguez felicitounas polas elevadas puntuacións que os másteres recoñecidos acadaron en todos os aspectos valorados, o que reflicte “o seu nivel de solvencia científica, técnica e formativa”. A Xunta de Galicia outorga este ano a mención de excelencia a tres novos másteres universitarios, polo que xa son nove as titulacións que acadan este selo de calidade nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG). O ano pasado acadárona o Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (UDC), o Máster Universitario en Enxeñería Informática (UDC) e o Máster Universitario en Enxeñería Ambiental (USC). Deste xeito, xa son nove as titulacións que a día de hoxe acadan este selo de calidade pioneiro implantado hai tres anos, co obxectivo de fixar unha estratexia coordinada. As primeiras titulacións que obtiveron este recoñecemento –cunha vixencia de cinco cursos académicos e posibilidade de renovarse por períodos sucesivos de igual duración– foron os másteres en Enxeñería Informática e en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (ambos da Universidade da Coruña) e en Enxeñería Ambiental (Universidade de Santiago de Compostela) no ano 2020. No ano 2021 incorporaron este selo o máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde (UDC), en Biotecnoloxía Avanzada (conxunto entre UVigo e a UDC) e en Tradución para a Comunicación Internacional (UVigo). A mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia acredita o nivel académico e a solvencia científico–técnica dos estudos que acadan este recoñecemento e supón unha garantía de futuro para os estudantes. Ademais, a obtención deste selo, que ten unha vixencia de cinco anos, permite ás titulacións seleccionadas participar do apoio económico contemplado nas accións de mellora da calidade do Plan Galego de Financiamento Universitario. Para a concesión do selo tivéronse en conta os criterios de avaliación establecidos, que inclúen aspectos xerais do máster como a taxa de ocupación, entidades públicas e privadas que colaboren directamente co máster, procedemento de selección do alumnado, porcentaxe de alumnado estranxeiro e a existencia de titorización e mentorización individuais. Outros aspectos que se tiveron en conta foron os resultados do máster (enquisas de satisfacción, seguimento dos egresados no mercado laboral...), a estratexia (visión, misión e desenvolvemento futuro do máster), o plan de xestión para os cinco próximos anos académicos e as melloras previstas en caso de obter esta mención, o plan de estudos (porcentaxe de prácticas no plan de estudos, créditos dedicados a prácticas obrigatorias en empresas e emprego de metodoloxías docentes innovadoras), o profesorado ou as estratexias de emprendemento.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE