• Jueves, 29 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez anuncia un investimento de máis de 2,5M? en centros educativos de Redondela

Román Rodríguez anuncia un investimento de máis de 2,5M€ en centros educativos de Redondela

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:25

A Xunta de Galicia licitará antes de final de ano as obras nos institutos Pedro Floriani e Mendiño e no colexio Reboreda

Na primeira delas destinarase 1,9M? para ampliar o centro en máis de 700m2 para dotalo de novos espazos e servizos

As actuacións restantes están dirixidas a facer melloras sectoriais como a instalación dunha nova caldeira de biomasa ou o cambio de ventás

Estas intervencións encádranse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para adaptar os centros ás novas demandas educativas e sociais

A Xunta de Galicia investirá máis de 2,5M? para levar a cabo melloras en centros educativos de Redondela. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ao Instituto IES Pedro Floriani, un nos que está previsto actuar xunto ao IES Mendiño e o Colexio CEIP Reboreda. Tal e como avanzou na visita o responsable autonómico de Educación, a Xunta de Galicia publicará antes de final de ano as licitacións destas obras que permitirán “mellorar as infraestruturas para adaptalas ás novas demandas educativas e sociais” en liña co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. “Queremos que Galicia sexa o mellor lugar para formarse e por iso traballamos para que os nosos colexios e institutos sexan cada vez máis confortables e modernos”, afirmou Román Rodríguez. A principal actuación anunciada hoxe é a ampliación do IES Pedro Floriani, un centro formado por varios edificios que ofertan distintas etapas e modalidades formativas. Neste caso, a Xunta investirá 1,9M? para ampliar o centro en máis de 700 m2 e dotalo de novos espazos e servizos co fin de reforzar a oferta de Formación Profesional mediante a creación de novas aulas polivalentes e técnicas coa superficie axeitada. Ademais, o proxecto complétase coa substitución das cubertas do centro. As actuacións restantes están dirixidas a facer melloras sectoriais. Así, no caso do Instituto de Mendiño, destinaranse máis de 250.000? para dotar ao centro dunha nova caldeira de biomasa. Isto permitirá renovar a instalación de xeración de calor substituíndo a actual caldeira de calefacción de gasóleo por unha de enerxía verde. Por último, o Colexio Reboreda contará cun investimento de 320.000? para cambiar a carpintería exterior do centro. En total cambiaranse 169 unidades o que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e o confort do edificio. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar