• Jueves, 09 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Os premios de banda deseñada e de ensaio subversivo do Instituto Xelmírez I chegan á súa décima edición co apoio da Xunta

Os premios de banda deseñada e de ensaio subversivo do Instituto Xelmírez I chegan á súa décima edición co apoio da Xunta

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:50

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega destes galardóns convocados polo instituto compostelán coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez


Con estes premios búscase incentivar na mocidade o espírito crítico e o compromiso coa nosa época e coa nosa lingua

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta tarde no acto de entrega dos Premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, convocados polo instituto IES Arcebispo Xelmírez I coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez. Ambos os certames, que chegan este ano á súa décima edición, nacen co obxectivo de incentivar o espírito crítico entre a mocidade e dinamizar o seu compromiso coa nosa época e coa nosa lingua ao tempo que se fomenta o mundo da creación plástica e visual como vía de expresión para as novas xeracións.O representante da Xunta de Galicia deulles os parabéns tanto aos gañadores coma ao centro educativo organizador dos premios. Dos primeiros, destacou “a súa creatividade e o seu espírito crítico, que manifestan en galego con total solvencia”. En canto ao instituto, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que se trata dun centro “moi activo, que leva o seu compromiso coa formación do alumnado máis alá das aulas e que pon a lingua galega no centro da súa vida cultural”.No acto, que acolleu o salón de actos do Xelmírez I, tamén participaron Manuel Portas, presidente da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez e director do instituto compostelán; membros do xurado e representantes da comunidade educativa, entre outros. Ademais, o acto estivo amenizado pola actuación musical de Catuxa Salom, polo grupo de teatro Vai no Dentista e pola actuación do violinista e alumno do centro Cibrán García.Na categoría de 12 a 16 anos do certame de Banda Deseñada AX1 tanto o primeiro como o segundo premio foron parar ao IES Arcebispo Xelmírez II polas obras Dende o outro lado do mar, de Chano Duro Gigirey, e para Monna, de Irene Azul Alves, respectivamente. Ademais, concedéronse dous accésit para Helena Fernández del Riego, do IES Rosalía de Castro, por O mundo do artista, e para Icía Rivas Carro, do IES de Pastoriza, de Arteixo, por Issho e Shi. Na categoría de 16 anos en diante, o primeiro premio levouno Noa Feás Gasamáns, tamén do IES Arcebispo Xelmírez II, por Pepa Loba; mentres o segundo foi parar ao IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, pola obra Raposo, de Álex Fornos Gil. Nesta categoría tamén se concederon dous accésit para Nuno Cabrera Cancelo, do IES Isaac Díaz Pardo, por En ningunha parte, e para Lola Díaz Fole, do IES O Carril, de Vilagarcía de Arousa, por Talento.No tocante ao Premio de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, o xurado concedeu o primeiro premio a Noa López Vilas, do IES Arcebispo Xelmírez I, por A rapaza triste: Tiqqun e feminidade contemporánea. O segundo e último premio foi para Brais Neira Ferro, do IES Arcebispo Xelmírez II, por In–conscientes: Escravos dunha sociedade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar