• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O mundo do fútbol protagoniza a estrea da temporada do Centro Dramático Galego con Ainé

O mundo do fútbol protagoniza a estrea da temporada do Centro Dramático Galego con Ainé

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 22:31

O conselleiro de Cultura asiste á primeira función da obra xunto a presidentes de varios clubes de fútbol galegos


O espectáculo ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ leva a escena un libro aínda inédito de Nacho Carretero e está dirixido por Tito Asorey con dramaturxia de José L. Prieto


Xosé A. Touriñán,, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta integran o elenco


É a primeira das tres producións da temporada e representarase no Salón Teatro ata o 23 de outubro para comezar despois unha xira por distintos escenarios ata febreiro

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela á estrea de Recortes, caneos e outras formas de driblar, o espectáculo do Centro Dramático Galego e Ainé que abre a temporada. Tamén estiveron presentes varios presidentes e representantes de clubes de fútbol galegos como Carlos Mouriño, do Real Club Celta de Vigo; Tino Saqués, do Club Deportivo Lugo; Antonio Couceiro, do Real Club Deportivo de A Coruña; José Criado, do Racing Club de Ferrol; Lupe Mur illo, do Pontevedra Club de Fútbol e Javier García, da S.D. Compostela, así como Rafael Louzán, da Real Federación Galega de Fútbol.A proposta escénica xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero. Dirixida por Tito Asorey coa dramaturxia de José L. Prieto, pon o foco no mundo do fútbol desde múltiples perspectivas, tanto na súa dimensión visible como na súa cara oculta mesturando xornalismo, deporte e teatro. Así, Recortes, caneos e outros formas de driblar achega a través dun partido de fútbol un retrato escénico dosxogadores, adestradores, xornalistas, árbitros, directivos e seareiros. A peza propón desde a escena un traxecto lúdico, crítico e musical polo complexo mundo que arrodea a este gran deporte de masas con actores como Xosé A. Touriñán,, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta no seu elenco.O equipo artístico deste espectáculo complétase con Vadim Yukhnevich ao cargo das composicións musicais, José Faro Coti asinando a escenografía, Laura Iturralde como responsable da iluminación e mais dos audiovisuais, Laura Baena á fronte do vestiario e Sara Rey na axudantía da dirección. Recortes, caneos e outras formas de driblar ofrecerá representacións de mércores a domingo durante as case catro semanas que estará no Salón Teatro, ata o 23 de outubro. Seguindo a política de accesibilidade para todos os públicos posta en marcha polo Centro Dramático, as funcións serán inclusivas, con apoio en lingua de signos e materias especiais para a súa percepción. Os mércores haberá tamén sesións descontraídas, que se desenvolven nunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia ao ruído e ao movemento no patio de butacas, formuladas para aquelas persoas cunha especial sensibilidade ou con necesidades sensorias específicas para a escoita e mais a comunicación. As entradas están a venda, a través da plataforma dixital Ataquilla.com e da web recortes.gal. No despacho de billetes do Salón Teatro, poderanse adquirir nos días das funcións dende dúas horas antes do seu inicio. Tras o seu paso por Santiago comezará unha xira por distintos escenarios como Carballo, Ourense, Vigo, Narón, Pontevedra, Cangas, Burela, Lugo, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol ata febreiro. Tres producións con máis de 100 funciónsEsta montaxe é o espectáculo que abre a temporada deste ano da unidade de produción teatral da Xunta. As outras dúas propostas son Shakespeare en Roma, con catro equipos de dirección, eUn hotel de primeira sobre o río, que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres.Todas elas representan un investimento superior aos 600.000 euros e supoñen a contratación de 18 intérpretes. A previsión é realizar 110 funcións en total, cun modelo de distribución diferente para cada montaxe, para chegar á maior cantidade de público posible e crear novas audiencias.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar