Xunta de Galicia
A mellora das reservas de auga permite recuperar a normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do Lérez e no do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata o río Anllóns

A mellora das reservas de auga permite recuperar a normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do Lérez e no do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata o río Anllóns
Publicado el - Actualizado
1 min lectura
As chuvias da terceira semana de outubro produciron un incremento importante dos caudais circulantes, a nivel xeneralizado, prevéndose que continúe este ascenso coas precipitacións que se agardan para as vindeiras semanas
No caso dos municipios do sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, mantense a situación de alerta por escaseza, pois a recuperación do encoro de Cecebre non é, polo de agora, a necesaria
O sistema de abastecemento do río Anllóns, costa da Coruña ata o límite de Arteixo mellora a situación, pasando de alerta por escaseza ao nivel de prealerta
Mantéñense as medidas equivalentes a un escenario de prealerta por escaseza no subsitema de Baiona
O resto dos sistemas de abastecemento da demarcación Galicia–Costa presentan niveis normais, cunha ocupación dos encoros de 63,96%, 5,52 puntos por riba con respecto ao mesmo período do ano anterior
A Xunta continuará realizando un seguimento continuo da situación meteorolóxica e hidrolóxica e promovendo un consumo responsable da auga
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



