• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lorenzana cualifica o Cintecx como indispensable para dotar a industria galega de solucións tecnolóxicas fronte os retos actuais

Lorenzana cualifica o Cintecx como indispensable para dotar a industria galega de solucións tecnolóxicas fronte os retos actuais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:37

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo

Destaca que se trata dun centro de transferencia de coñecemento ao tecido produtivo ao que hai que recoñecerlle a súa estratexia de aproximación a sectores que son clave na economía galega

Pono como exemplo dos resultados que achega a colaboración público–privada e a transferencia de coñecemento, que a Xunta trata de fomentar entre o tecido produtivo galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo (Cintecx) que considerou un socio colaborador indispensable para que a industria galega se poida dotar de solucións tecnolóxicas fronte aos retos actuais.Lorenzana destacou que se trata dun centro de investigación de transferencia de coñecemento ao tecido produtivo ao que hai que recoñecerlle, dixo, a súa estratexia de aproximación a sectores que son clave na economía galega como a automoción, o naval, o agroalimentario, o aeronáutico ou a pedra natural.Nesta liña, apuntou que, cun cadro de persoal do que forman parte 175 investigadores, desenvolve proxectos en áreas como as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o aproveitamento dos recursos naturais, a valorización de residuos industriais, as técnicas de fabricación avanzada, o transporte, a enxeñaría biomédica ou a intelixencia artificial. Lorenzana puxo o Cintecx como exemplo dos resultados que achega a colaboración público–privada e a innovación aberta en termos de competitividade: “só o ano pasado foron máis de 100 contratos con industrias galegas para a mellora dos procesos produtivos”, explicou. Asegurou que se constata a fortaleza e o talento do ecosistema de I+D+i galego, por quen a Administración autonómica vai seguir traballando para seguir impulsando a transferencia de coñecemento.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar