• Lunes, 04 de diciembre 2023
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia destina este ano máis de 18 M? a proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro cos que dinamizar a economía das zonas costeiras

Galicia destina este ano máis de 18 M€ a proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro cos que dinamizar a economía das zonas costeiras

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:04

O Diario Oficial de Galicia publicará nos vindeiros días a orde coa convocatoria destas axudas para apoiar iniciativas a desenvolver entre os anos 2023 e 2025

A galega é a primeira comunidade autónoma que ten seleccionados os grupos, as estratexias aprobadas e lanza as achegas para a presentación de proxectos ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura para o período 2021–2027

Os oito GALP elixidos para os próximos anos engloban a máis de 400 organizacións locais, preto dun cento delas pertencentes ao sector pesqueiro e que representan a máis de 13.000 profesionais do mar

Entre 2016 e 2022 estas entidades desenvolveron máis de 700 accións cun apoio público de máis de 37 M? cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e que supuxeron un investimento total de preto de 80 M? así como a creación de máis de 400 empregos directos a tempo completo

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA O Consello da Xunta analizou hoxe a convocatoria deste ano de axudas a proxectos que se desenvolvan ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e que contan cun orzamento de 18,4 millóns de euros para iniciativas a desenvolver entre 2023 e 2025. Trátase da primeira convocatoria destas achegas, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días, no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) para o período 2021–2027. Deste xeito, os potenciais beneficiarios destas axudas –pequenas e medianas empresas e persoas autónomas así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector– poden presentar proxectos ao abeiro dos oito GALP existentes na comunidade para aumentar o valor, crear emprego, valorar o fomento da participación das mulleres, atraer xente nova e promocionar a innovación en todas as fase da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura. Entre os obxectivos das iniciativas tamén están o fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas, o aproveitamento do patrimonio medioambiental –incluídas as operación de mitigación do cambio climático–, o fomento do benestar social e do patrimonio cultural ou o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e a gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais. Para poder aplicar as estratexias de desenvolvemento local participativo, a Consellería do Mar seleccionou a finais do ano pasado oito GALP. Son os da Mariña–Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, SEO de Fisterra Ría de Muros e Noia. Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo–A Guarda.Estes oito grupos engloban a máis de 400 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos, das que preto dun cento pertencen ao sector pesqueiro representando a máis de 13.000 profesionais do mar. Neste sentido, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten os grupos seleccionados, as súas estratexias aprobadas e lanza a convocatoria de axudas a proxectos ao abeiro do Fempa. O Consello da Xunta tamén fixo un balance dos resultados acadados no desenvolvemento das estratexias de desenvolvemento local participativo no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Entre 2016 e 2022 desenvolvéronse algo máis de 700 proxectos ao abeiro dos GALP cun apoio público de máis de 37 millóns de euros e un investimento total de preto de 80 millóns de euros. As iniciativas postas en marcha permitiron xerar máis de 400 empregos directos a tempo completo e a actividade inducida no conxunto da economía superou os 215 millóns de euros e supuxo a xeración de máis de 4.500 postos de traballo entre directos e indirectos froito do desenvolvemento dos proxectos ou da actividade apoiada.Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) dan continuidade aos antigos grupos de acción costeira (GAC) e son asociacións sen ánimo de lucro colaboradoras da Consellería do Mar como axentes de desenvolvemento na aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo da zona pesqueira e na xestión e control das axudas que se tramitan para o desenvolvemento desas estratexias.A actividade dos oito grupos que hai en Galicia dentro do programa operativo do Fempa contribuirá –ao igual que xa fixeron os seleccionados ao abeiro do FEMP– a mellorar a transformación, comercialización e posta en valor das producións pesqueiras, ao desenvolvemento dun sector turístico sustentable, á creación de empresas e a xeración de emprego e á diversificación do sector a través de iniciativas complementarias da actividade pesqueira como o turismo mariñeiro. Tamén contribúe á conservación e valorización do patrimonio natural e cultural marítimo–pesqueiro.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar