• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia acollerá a finais de febreiro o acto de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados en toda España

Galicia acollerá a finais de febreiro o acto de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados en toda España

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:20

A Comunidade galega, cun total de 35 itinerarios distinguidos este ano, volve liderar a clasificación a nivel nacional e logra 6 galardóns máis respecto aos datos de 2022

Por primeira vez, a cerimonia de entrega de premios adiántase varios meses co fin de que todas as rutas azuis poidan lucir as súas insignias xa en Semana Santa

Galicia acollerá a finais deste mes a cerimonia de entrega de bandeiras aos 104 sendeiros azuis galardoados en 2023 pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), un recoñecemento co que busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna.A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Adeac, José Palacios, renovaron esta semana o convenio anual que manteñen desde hai máis dunha década co fin de colaborar na campaña Bandeira Azul en Galicia e aproveitaron para confirmar que o vindeiro 24 de febreiro se entregarán os galardóns correspondentes aos sendeiros azuis 2023 de todo o país en Santiago de Compostela.Cómpre subliñar que o ano pasado se organizou por primeira vez en Madrid un acto específico e oficial para recoñecer a todos os sendeiros azuis premiados no país. Nesta ocasión, Adeac propuxo que a cerimonia se celebrara en Galicia, por ser a Comunidade que acumula o maior número de distintivos deste tipo desde a creación do galardón. En concreto e segundo os datos que deu a coñecer esta mesma semana a entidade, Galicia contará en 2023 cun total de 35 itinerarios azuis localizados en 20 concellos, de xeito que volve liderar a clasificación a nivel nacional e mellora notablemente os datos acadados o ano pasado, cando recibiu 29 galardóns.En total, na cerimonia oficial dos sendeiros azuis 2023 repartiranse 104 bandeiras a outros tantos sendeiros de 83 municipios pertencentes a unha decena de comunidades e que suman unha extensión de máis de 600 quilómetros.En canto á comparativa a nivel nacional, por detrás de Galicia sitúase a Comunidade Valenciana, con 22 itinerarios azuis, Andalucía, na que reciben este recoñecemento 14 rutas, e Murcia, que en 2023 contará cunha decena de sendeiros con bandeira azul. Así mesmo, entre as novidades desta edición, cómpre subliñar que a entrega dos galardóns se adianta varios meses con respecto ao habitual ?finais de maio? co fin de que todas as rutas poidan lucir as súas insignias xa en Semana Santa e sirva tamén, desde xeito, como reclamo turístico.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE