• Domingo, 19 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A exposición da Xunta sobre Picasso será a única mostra galega incluída na programación conmemorativa de España en 2023

A exposición da Xunta sobre Picasso será a única mostra galega incluída na programación conmemorativa de España en 2023

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:04

‘Picasso, blanco no recordo azul. A Coruña 2023’ afondará na pegada galega do autor e poderá verse o vindeiro ano no Museo de Belas Artes da Coruña

Estará formada por máis dun cento de pezas en colaboración con distintos museos, institucións e coleccionistas privados

O Goberno autonómico prepara tamén actividades paralelas do eido académico, audiovisual e musical que se sumarán a esta proposta

A exposición que está a organizar a Xunta Picasso, blanco no recordo azul. A Coruña 2023 será a única proposta galega das 16 que se programarán en España no marco do Ano Picasso 2023. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste hoxe en Madrid aos actos institucionais da presentación de actividades conmemorativas deste aniversario que terá lugar o vindeiro ano en distintas partes de Europa e Norteamérica.Esta efeméride é un proxecto no que España e Francia traballan desde hai meses, para o que se creou unha comisión bilateral con representantes de ambos países así como membros da familia de Picasso e expertos no pintor. A raíz das conclusións deste grupo de traballo, aprobáronse finalmente un total de 40 exposicións temporais en distintas partes do mundo, congresos académicos e outros eventos.No caso de España están previstas 16 exposicións, entre as que se inclúe a gran mostra na que está a traballar a Xunta de Galicia en colaboración con distintos museos, institucións e coleccionistas privados. Picasso, blanco no recordo azul. A Coruña 2023 convértese así na única exposición proposta por Galicia que formará parte desta programación oficial. O Goberno autonómico leva meses traballando nesta exposición comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira coa coordinación xeral de Ángeles Penas, directora do Museo de Belas Artes da Coruña, e coa participación do equipo técnico–facultativo do museo. Poderase visitar no Museo de Belas Artes da Coruña cun cento de pezas que repasarán a pegada galega do pintor coa colaboración de distintos museos, institucións e coleccionistas privados. Recentemente acordouse coa Junta de Andalucía o préstamo da peza Instruments et musique et compotier sur une table, na que o artista malagueño retrata un gaiteiro. É propiedade da fundación belga FABA e actualmente está depositada no Museo Picasso de Málaga. Ao redor da mostra, tamén se está a artellar un intenso programa de actividades paralelas como encontros, conferencias e charlas abertas ao público que contarán coa presenza de especialistas internacionais na obra de Picasso. Afondarase nalgúns aspectos pouco coñecidos da súa traxectoria profesional e tamén sobre a súa etapa en Galicia. Ademais, poranse en marcha ciclos audiovisuais coa proxección de filmes e documentais que permitan coñecer máis sobre o autor, así como actividades musicais e educativas, dirixidas tanto aos escolares como ao público en xeral que incluirán visitas guiadas e obradoiros de pintura.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar