• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A exposición 'Os camiños de Elías Valiña' peregrina ata Sarria para poñer en valor o traballo do cura do Cebreiro

A exposición Os camiños de Elías Valiña peregrina ata Sarria para poñer en valor o traballo do cura do Cebreiro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:17

O concello natal do gran revalorizador e estudoso do Camiño de Santiago, responsable da súa sinalización con frechas amarelas, acolle esta mostra didáctica na súa oficina de turismo

A exposición, que conta co apoio de Turismo de Galicia, continuará itinerando con parada en Arzúa e Santiago de Compostela, onde rematará o vindeiro mes de decembro

A oficina de turismo de Sarria acolleu esta mañá a presentación da exposición multimediaOs camiños de Elías Valiña na que participou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que destacou o feito de que esta mostra itinerante promovida por Turismo de Galicia e a S.A Xacobeo recale no concello natal do sacerdote do Cebreiro.Acompañado pola organización, comisariado e familia de Elías Valiña, a inauguración da mostra completouse cunha visita guiada e a presentación dun cartafol de postais con imaxes inéditas do crego do Cebreiro e gran estudoso e revalorizador do Camiño de Santiago. Todos os participantes coincidiron en destacar o papel fundamental que tivo Elías Valiña cara aos peregrinos, sinalando a ruta xacobea coas frechas amarelas, así como na restauración da igrexa do Cebreiro, na mellora da aldea e da vida dos seus veciños. Os camiños de Elías Valiña é unha proposta expositiva impulsada no marco da celebración do 30 aniversario da declaración, por parte da UNESCO, do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, e que tamén forma parte da programación galega da presidencia española da UE. Inaugurada o pasado mes de xullo no Cebreiro, a mostra ten un carácter reivindicativo da figura de Elías Valiña ao tempo que un ton didáctico, innovador e valorizador do traballo de Elías Valiña, empregando fotografías orixinais do cura do Cebreiro xunto con outras que amosan a actualidade do Camiño, recuperado e posto ao servizo da peregrinación, ademais de textos e códigos QR que remiten a diversos audios e pezas audiovisuais así como un documental arredor da súa figura. Despois de Sarria a mostra continuará o seu periplo ata Arzúa para rematar en decembro deste ano en Santiago de Compostela, no Museo das Peregrinacións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo