• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Ethel Vázquez salienta que as rebaixas do 50% impulsan un incremento do 28% no uso do autobús autonómico entre a comarca de Bergantiños e A Coruña

Ethel Vázquez salienta que as rebaixas do 50% impulsan un incremento do 28% no uso do autobús autonómico entre a comarca de Bergantiños e A Coruña

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 18:40

Vázquez Mourelle destaca que o 19% do aumento dos desprazamentos en autobús cara A Coruña rexistrado na primeira quincena de setembro é imputable directamente ás bonificacións na tarifa e o resto se enmarca na recuperación do uso tras a pandemia

A nivel autonómico obsérvase un aumento do 40% no uso do autobús da Xunta, o 20% motivado pola aplicación da rebaixa do 50% no prezo

Lembra que a Xunta está a asumir polo de agora o custo íntegro das bonificacións, xa que o Goberno de España nin transferiu o orzamento anunciado nin concretou a cantidade a achegar

Na 1ª quincena de setembro expedíronse en Galicia 7.000 tarxetas TMG, duplicando en 15 días as cifras medias dun mes, sumando só en Carballo 190 dispositivos, e 225 na comarca de Bergantiños

129.000 mozos galegos dispoñen da tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos viaxan gratis nos autobuses da Xunta, deles, 3.200 da comarca de Bergantiños e 1.770 de Carballo

Avanza a conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas en 2023, na autoestrada A Coruña–Carballo e na do Val Miñor, para paliar os efectos da elevada inflación no peto das familias, polo que seguirán sendo as máis baratas de España

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe que os descontos do 50% están a impulsar un incremento significativo no uso do autobús autonómico na comarca de Bergantiños, onde se rexistrou unha suba do 28% nas viaxes con dirección á Coruña.Vázquez Mourelle visitou hoxe ata estación de autobuses de Carballo para supervisar funcionamento dos descontos do 50% que vén aplicando a Xunta desde o pasado 1 de setembro nos autobuses autonómicos. Tal e como subliñou, o departamento que dirixe constatou un incremento do 40% no uso do autobús da Xunta a nivel autonómico, cun incremento do 20% vinculado á recuperación progresiva da demanda tras a pandemia e o outro 20% imputable directamente ás bonificacións. A conselleira explicou que ese aumento no número de pasaxeiros do autobús da Xunta tamén se está a observar en Carballo, nos dous principais corredores nos que se concentran os desprazamentos. Así, concretou que na primeira quincena de setembro a liña entre Carballo e Santiago rexistrou un incremento do 38% no uso do autobús, con respecto ao mesmo período do ano anterior, do que un 6% é consecuencia directa das bonificacións, nun contexto de suba xeral pola recuperación do uso do transporte público tras a pandemia. A titular de Infraestruturas e Mobilidade concretou que, no caso dos desprazamentos en autobús cara A Coruña, que se incrementaron un 28% con respecto ao mesmo período do ano anterior, o 19% da porcentaxe total de incremento é imputable directamente ás bonificacións na tarifa de autobús do 50%. Sinalou que este crecemento do número de viaxeiros tamén vai parello ao número de Tarxetas de Mobilidade de Galicia, as tarxetas TMG coas que se aplica esa bonificación, expedidas. Explicou que na 1ª quincena de setembro en toda Galicia expedíronse 7.000 novas tarxetas TMG, o que supón duplicar en 15 días cifras dun mes completo. Só en Carballo expedíronse 190 tarxetas TMG e 225 na comarca de Bergantiños. Ethel Vázquez referiuse, ademais, á aposta da Xunta polo transporte público que se traduce, tamén, nunha medida moi potente de apoio ás familias: a tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos viaxan gratis no autobús da Xunta: 129.000 en toda Galicia; 3.200 na comarca de Bergantiños; e 1.770 no concello de Carballo. A titular de Infraestruturas, avanzou ademais, que esta medida importante de aforro e apoio ás familias se verá complementada con outra, que ten impacto directo nesta comarca, como é a conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas en 2023, na autoestrada A Coruña–Carballo e na do Val Miñor, para paliar os efectos da elevada inflación no peto das familias. Deste xeito, incidiu, as autoestradas autonómicas manterán as tarifas o vindeiro ano e seguirán sendo as máis baratas de España, lembrou.Na súa intervención, a conselleira abundou que os descontos do 50% se aplican desde o pasado 1 de setembro e ata o 31 de decembro sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, beneficiando aos usuarios dos autobuses da Xunta, do transporte de ría, en Vigo, do ferrocarril Feve na comarca de Ferrol e do bus urbano de Ferrol e de Pontevedra.Referiu, que estas bonificacións, polo momento, están a ser asumidas integramente pola Administración autonómica, xa que o Goberno de España aínda non transferiu o orzamento anunciado nin concretou que cantidade vai achegar.Ethel Vázquez fixo fincapé na determinación da Xunta ante esa falta de anticipación e concreción por parte do Goberno de España, polo que desde o Goberno galego decidiuse aplicar a medida e asumir con fondos propios a bonificación máxima permitida do 50%, poñendo en marcha unha medida beneficiosa para os cidadáns; consolidando a aposta sen precedentes que vén facendo a Xunta polo transporte público; e contribuíndo á viabilidade dun servizo público esencial en Galicia. Normal 0 21 false false false ES


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar