• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, que conta co apoio da Xunta

O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, que conta co apoio da Xunta

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:31


? O xurado recoñece a súa novela Os corpos de Romanov. Matthias Lentz, da que destaca a gran precisión de estilo

? A dotación económica do galardón ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia

? O obxectivo deste certame é impulsar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua galega, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA A Coruña, 29 de setembro 2022.– O escritor e xornalista Alberto Ramos vén de alzarse coa XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola obra Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que formou parte do xurado que esta mañá fallou o premio nun acto que tivo lugar na Real Academia Galega, agradeceu unha vez máis “a organización e realización destes premios que impulsan desde fai xa 16 edicións a lingua galega” e felicitou ao galardoado “pola creación desta novela gañadora, chea de diversas tramas que encaixan entre si á perfección”. O acto do ditame contou tamén coa presenza de representantes das demais entidades impulsoras do premio: a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro; o académico correspondente da Real Academia Galega, Ramón Nicola; o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez. Sobre a novela galardoada, o xurado destacou a gran precisión do seu estilo así como a “a presenza dun narrador solidario que apela á conciencia de quen le”. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia.Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986) é un xornalista e escritor. No ámbito do xornalismo exerceu na sección de Cultura do Xornal de Galicia e traballa como sinatura independente en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes. No ámbito da literatura, ten publicado as novelas Dor Pantasma (Biblos, 2006), obra premiada co Biblos–Pazos de Galicia; Con acuse de recibo (Biblos, 2010), título galardoado co premio de novela por entregas de La Voz de Galicia; Todos os días (Sotelo Blanco, 2013) obra coa que se fixo merecedor do Premio Vicente Risco de creación Literarias; Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Galaxia, 2014), volume distinguido co Premio García Barros, e A simetría deas bestas (Urco. 2018), libro co que recuncou no certame Vicente Risco de Creación Literaria.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar