• Viernes, 10 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Diego Calvo remata a súa viaxe á República Dominicana coa visita ás mulleres que participan nas iniciativas da Fundación InteRed para previr o matrimonio infantil e o abandono escolar

Diego Calvo remata a súa viaxe á República Dominicana coa visita ás mulleres que participan nas iniciativas da Fundación InteRed para previr o matrimonio infantil e o abandono escolar

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:10

O vicepresidente segundo da Xunta asistiu a unha sesión formativa destinada a fomentar proxectos de vida encamiñados á emancipación de nenas e adolescentes e achegouse ao club de nenas e adolescentes do ‘batey’ de Matamamón liderado por mulleres que tamén traballan por este obxectivo

A Xunta colaborou coa Fundación InteRed e os seus socios locais cun investimento de 350.000 euros e nos últimos anos leva investidos nos proxectos de ONGD galegas na República Dominicana máis de 7,3M?

Normal 0 21 false false false ES X–NONE SI–LK Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2022 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, rematou hoxe a súa viaxe en República Dominicana coa visita aos dous proxectos en execución da Fundación InteRed no batey de Matamamón, en Santo Domingo Norte, dirixidos a impulsar a prevención do matrimonio infantil e das unión temperás (MIUT) e a evitar o abandono escolar. A actuación comezou o ano pasado en tres municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal e contou cunha achega da Xunta de case 350.000 euros. A Fundación InteRed, en colaboración coa Confederación Nacional de Mulleres do Campo (CONAMUCA) e o Movemento de Mulleres Dominico–Haitianas (MUDHA) como socios locais, conseguiu cunha das iniciativas formar mulleres das comunidades rurais involucradas para mellorar a sensibilización sobre a desnaturalización dos MIUT. Así, puxéronse en marcha clubs de nenas e adolescentes dirixidos por mulleres tamén con este obxectivo, como o do batey de Matamamón, a cuxas integrantes coñeceu hoxe o vicepresidente segundo da Xunta. Tamén tivo a oportunidade de asistir xunto ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e á subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, a unha das sesións de capacitación con familias de participantes nos clubs de nenas nos que se fomenta optar proxectos de vida emancipadores para nenas e mulleres adolescentes alleos aos matrimonios infantís. Por outra parte, a segunda das iniciativas postas en marcha, que comparte a mesma finalidade, está orientada a conformar grupos con representantes das comunidades para impulsar propostas para erradicar os MIUT a nivel municipal e político mediante a participación cidadá. Nesta liña, os clubs de nenas lideran o activismo xuvenil con accións no ámbito comunitario ou desde os medios de comunicación. O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, tamén coñeceu estes días na súa estadía en República Dominicana os proxectos da cooperación galega postos en marcha polas ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) en agrupación coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) en San Pedro de Macorís; pola Fundación Balms para a infancia no barrio de Santa Lucía, no distrito Santiago Oeste, e rematou hoxe a visita acompañado polos integrantes da Fundación InteRed. Ademais, nesta derradeira xornada da viaxe, Diego Calvo mantivo un encontro coa alcaldesa de Santo Domingo, Carolina Mejía, con quen abordou o traballo desenvolvido polos axentes de cooperación na zona para mellorar as condicións de vida da poboación que máis o precisa. República Dominicana é considerado un país estratéxico para a Cooperación Galega e este carácter prioritario supuxo que nos últimos catro Plans Directores aprobados desde 2006 a Xunta investise máis de 2,7 millóns de euros neste período. Co obxectivo de reforzar o compromiso cos axentes de cooperación, Diego Calvo lembrou que o Goberno galego destinará o próximo ano case 9 millóns de euros ao Plan Anual da Cooperación Galega, o que supón un 14% máis que o ano pasado.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar