COPE

Xunta de Galicia

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA DE INTERNET 2022

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA DE INTERNET 2022

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 00:30

A transformación dixital e a innovación tecnolóxica avanzan a un ritmo sen precedentes, mellorando a calidade de vida das persoas e beneficiando transversalmente a todos os sectores da sociedade. Do mesmo xeito, presenta tamén novos desafíos, como a fenda dixital, que xera desigualdades entre aqueles colectivos máis vulnerables que teñen dificultades no acceso ou uso das tecnoloxías dixitais.segmento das persoas maiores é cada vez máis numeroso. En España, nove millóns e medio de persoas son maiores, o que supón xa o 20% da poboación, unha porcentaxe que en Galicia é aínda maior e chega ao 25%.tecnoloxías dixitais por parte dos nosos maiores resulta cada vez máis relevante na súa vida diaria, axudándolles a participar de forma efectiva na sociedade, evitar a soidade e envellecer de forma saudable. Pero o proceso de transformación dixital marcha a gran velocidade, e os dispositivos, servizos e tecnoloxías requiren de adaptacións para este colectivo, facilitando así o seu uso e o exercicio dos seus dereitos en igualdade de condicións. Nun esforzo por visibilizar esta coxuntura, este 2022 o Día de Internet céntrase na Internet e as tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable. Galicia continúa asumindo o compromiso e afronta o deber de facilitar o acceso e uso das tecnoloxías dixitais por parte destas persoas, e avanzar cara unha cidadanía plenamente integrada na sociedade dixital.O Goberno galego leva máis de 10 anos apostando polo fortalezemento das políticas tecnolóxicas na nosa Comunidade, inicialmente coa Axenda 2014.gal e posteriormente, coa Axenda Dixital de Galicia 2020, que consolidaron as bases dunha sociedade máis inclusiva dixitalmente. Agora, a Estratexia Galicia Dixital 2030 toma o relevo e constitúe un punto de inflexión neste camiño, cunha nova folla de ruta orientada a non deixar a ninguén atrás no uso das novas tecnoloxías e reducir a así a fenda interxeracional. Por iso, unha das metas para o ano 2025 é garantir que, cando menos, o 70% das persoas conten con competencias dixitais básicas e mellore ao mesmo tempo a seguridade de toda a cidadanía de Galicia no contexto dixital.Neste contexto, Xunta de Galicia súmase ás medidas do Manifesto do Día de Internet e comprométese a velar polo cumplimento deste decálogo para garantir a inclusión dos nosos maiores:§ actitudes sociais que respecten as súas liberdades, dereitos e intereses e lles permitan ocupar o papel que lles corresponde na Sociedade Dixital, en igualdade de oportunidades§ Respectar e facer cumprir as obrigacións de accesibilidade e ausencia de barreiras en relación coas tecnoloxías dixitais aprobadas nas diferentes lexislacións aplicables. § Promover e incentivar que dispositivos, produtos, aplicacións e servizos tecnolóxicos manteñan un deseño universal, recoñecible e accesible para todas as persoas.§ Fomentar mediante iniciativas e axudas públicas a adquisición de competencias dixitais que permitan utilizar con autonomía as diferentes ferramentas dixitais.§ campañas e formación en ciberseguridade co fin de protexer ao colectivo fronte ás novas ameazas da internet.§ Investir en análise, estudos e investigación para anticiparse e dar resposta ás demandas e necesidades das persoas maiores na nova sociedade dixital.§ Utilizar as tecnoloxías dixitais como canle para que os maiores poidan seguir achegando a súa importante experiencia e talento á sociedade.§ Evitar a discriminación e os rumbos algorítmicos por razóns de idade ou discapacidade nas novas aplicacións da Intelixencia Artificial, incentivando criterios éticos, responsables e inclusivos.§ Prestar especial atención á correcta formulación das novas reformas lexislativas en materia de tecnoloxías dixitais, protexendo os intereses do colectivo de maiores.§ Promover políticas públicas, estratexias, plans de acción, leis e regulamentos non discriminatorios que incentiven e faciliten o uso das tecnoloxías por parte das persoas maiores.Nesta nova década, Galicia aposta firmemente polo impulso da alfabetización e capacitación dixital e o aproveitamento do potencial tecnolóxico cun enfoque humanista, inclusivo e accesible, co obxectivo de consolidar un modelo de sociedade igualitaria que acompañe a todos os galegos e galegas no seu envellecemento e avance na súa inclusión e autonomía dixital. Normal 0 21 false false false GL X–NONE AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar