• Martes, 27 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións

A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:20

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Bruxelas á conferencia de décimo aniversario desta rede na que a Xunta busca incrementar a captación de fondos europeos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Bruxelas á conferencia de celebración do décimo aniversario da Vanguard Initiative, rede europea dirixida a impulsar a colaboración interrexional en innovación. Neste contexto, anunciouse o lanzamento de Vinnovate, un innovador instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación en colaboración interrexional orientados a satisfacer as necesidades das empresas, cuxa primeira convocatoria se publicará en 2024.A Xunta de Galicia persegue, a través da súa participación nesta rede, buscar oportunidades en Europa para captar fondos e promover a innovación nas empresas galegas, en liña co obxectivo de impulsar a apertura e visibilidade internacional do ecosistema galego de innovación establecido na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e os novos servizos postos en marcha para fomentar a participación das entidades galegas, especialmente das pemes, en programas de financiamento da I+D+i europeos. Ademais de amosar os logros e fitos acadados nunha década de funcionamento desta alianza, o encontro serviu tamén para afondar no futuro da especialización intelixente, a cooperación interrexional e o crecemento baseado na innovación. Socios clave, líderes rexionais e expertos da industria debateron ao redor do papel fundamental das rexións na identificación de necesidades financeiras e cadeas de valor para acadar a era das emisións cero no 2050. Neste contexto, representantes das preto de 40 rexións que forman a rede asinaron unha carta na que se comprometen a lanzar Vinnovate, un instrumento de financiamento da innovación, que representa un gran paso adiante en liña co compromiso fundacional feito en Milán no 2013 de promover e facilitar acceso a financiamento combinado para proxectos, contribuíndo así ao renacemento da industria europea. A Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte desde 2015, inclúe 38 rexións de toda Europa comprometidas con guiar co exemplo e impulsar a colaboración interrexional en innovación baseada nas complementariedades identificadas nas súas Estratexias de Especialización Intelixente centradas na industria. Esta colaboración industrial está canalizada a través de oito proxectos piloto que seguen a metodoloxía dos catro pasos: aprender, conectar, demostrar e comercializar. Estes proxectos piloto teñen contribuído ao éxito da alianza e á aprobación pola Comisión Europea dun novo programa de financiamento dotado con 570 millóns de euros, o I3–Investimentos en Innovación Interrexional, operativo desde 2022.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2