A alerta dun psicólogo: "un 7% dos mozos teñen adicción ós videoxogos"
Antonio Rial participa na formación sobre saude mental dos profesores das Escolas Católicas

Un 7% dos mozos teñen problemas de adicción aos videxogos
Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Algo máis dun sete por cento dos adolescentes son adictos aos videoxogos; é un dos datos nos que se apoia o psicólogo Antonio Rial Boubeta para afirmar que as adiccións sen sustancia son xa un problema de saude pública.
Este especialista da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participa na xornada sobre saude mental que organizan as Escolas Católicas de Galicia no colexio maior Xelmírez de Santiago.
Rial Boubeta advirte do perido de demonizar as novas tecnoloxías. En contra diso o que hai que facer na súa opinión é mellorar a educación.
"Non o estamos facendo ben, tradúcese en termos de adición pero tamén en convivencia, de bulling, e de saude mental".

-
Atentos ás explicacións do experto, profesores das Escolas Católicas de toda Galicia. A secretaria autonómica, Juana Otero, consciente de que educar é mais que trasladar coñecementos técnicos.
"Un neno que teña un pensamento asertivo, que sea creativo e autónomo....saberá afrontar mellor a vida".



