• Martes, 07 de mayo 2024
  • ABC

COPE

MARIÑA

Os socialistas alertan da "caída libre" do sector da pesca na provincia de Lugo

A deputada mariñá Patricia Otero sinala o "fracaso" da xestión da Xunta para incentivar a incorporación de mozos ao sector

Os socialistas alertan da caída libre do sector da pesca en Lugo

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 14:55

deputada socialista Patricia Otero alertou da “caída libre” no número de traballadores da pesca na provincia de Lugo, que perdeu “tres ocupados cada mes durante catro anos”. A parlamentaria da Mariña presentou unha pregunta na Comisión de Pesca pola falla de iniciativas do goberno galego mentres os traballadores nos buques pesqueiros de Lugo pasaron de 1.589 a 1.422 entre 2013 e 2017.

A responsable socialista presentou os datos da enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería do Mar cada dous anos, en que reflicte unha situación dramática na súa última edición de 2017 para unha provincia que aportou unha cuarta parte de toda a pesca galega no que vai de século. Advertiu que o “abandono” do goberno galego ao sector esténdese ao resto de Galicia, onde a poboación ocupada nos buques pasou de 23.800 profesionais en 2009 a 11.377 en 2017.

Otero lamentou o desleixo do goberno galego para reverter unha situación que se está a cebar cun dos principais motores económicos da Mariña, onde se atopan dous dos principais portos de Galicia, os de Burela e Celeiro, ademais de Ribadeo, Foz, San Cibrao e O Vicedo. Alerta dunha taxa de desemprego especialmente alta entre a xente moza, que “non ve o mar como unha opción de futuro”.

Esixiulle ao goberno galego que poña en marcha tódolos mecanismos dos que dispoña para impulsar o relevo xeracional no sector e “frear a perda de ocupación no sector pesqueiro”. Neste sentido, criticou que a Consellería se remita aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro –Galp-, que se teñen demostrado fracasados ata o punto de que “nin vostedes mesmos cren nun mecanismo aos que todas as confrarías teñen renunciado”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar