• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

CULTURA

Sés actúa en Ribadeo este sábado 4 de maio

A cantora e a súa banda presentan o seu novo traballo 'Rabia ao silencio'

O espectáculo dará comezo ás nove do serán no auditorio Hernán Naval

Audio

COPE de la Costa

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 14:59

O vindeiro sábado 4 de maio Sés presenta no auditorio Hernán Naval de Ribadeo o seu novo disco, ‘Rabia ao Silencio’, para o que xa están á venda as entradas en ticketea.com, dentro da súa xira por Galicia.

Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Mercedes SosaZeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

Unha escolma adaptada pola propia Sés

‘Rabia ao Silencio’ é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30

Segundo a propia autora, “este traballo é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobreAgora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE