• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

FOZ

Os nacionalistas focenses reclaman información sobre as novas antenas instaladas no mastro de Telefónica

Máis de 700 veciños asinaron unha petición reclamando a súa retirada por estar dentro dunha zona escolar

Antena no mastro de telefónica en Foz

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:07

Dende o grupo municipal do BNG en Foz afirman "non entender como é posible que despois de terse entregado no concello 721 firmas de veciños reclamando a retirada do mastro e que nunca máis se concedese licencia para instalar antenas ao lado dun Colexio Público, e despois de terse aprobado por todos os grupos da corporación unha moción do BNG no mesmo sentido, aparezan agora tres novas antenas no alto do mastro.

Os nacionalistas avanzan que non van quedar cos brazos cruzados "diante desta demostración de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo" . De feito, xa pediron información sobre estas antenas ao concello, para ver se a súa instalación compre as esixencias de legalidade que establecían sendas sentencias do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Dende o BNG lembran asimesmo o Artigo 12.1 da Ordenanza Municipal que regula o funcionamento destas antenas, e que di que non se permitirán instalacións de radiocomunicación sobre espazos sensibles, como escolas infantís, centros educativos, hospitais, centros de saúde, residencias xeriátricas ou parques urbanos públicos, nin en parcelas e edificacións colindantes, debendo en todo caso situarse a unha distancia mínima de 300 metros a calquera lindeiro de parcela.

Os nacionalistas focenses critican "o silencio do alcalde diante da instalación destas novas antenas", "coñecendo como coñece a preocupación da comunidade escolar, do Colexio Público Nº 1 e dos veciños sobre este tema" . Tampouco entenden que concedese licencia para instalalas, "desoíndo o que demandaban as firmas dos veciños e o acordo plenario unánime de setembro do ano pasado".

En vindeiras datas, o BNG solicitará entrevistas coa directiva da ANPA, coa dirección do colexio e con asociacións de veciños do casco urbano para informalos do problema e estudar a posibilidade de levar a cabo accións conxuntas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE