• Martes, 30 de abril 2024
  • ABC

COPE

Burela |

Ethel Vázquez visitó las obras del acceso al puerto en Burela; obra que cuenta con 8 millones de euros de inversión desde la Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, destacou hoxe que o novo acceso ao porto de Burela representa unha dobre oportunidade que vai aumentar a competitividade da dársena e liberar o centro urbano da vila do paso de 400 vehículos pesados cada día. Así o dixo a titular de Infraestruturas en funcións durante a visita que esta mañá realizou a esta localidade luguesa para supervisar os traballos nesta infraestrutura, na que a Xunta inviste 8 millóns de euros e que estará rematada en novembro, pois está xa executada nun 95%.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17 mar 2017

Ethel Vázquez, que estivo acompañada pola secretaria da Delegación territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, e do alcalde, apuntou que esta nova vía optimizará as comunicacións cara ao porto e suporá un pulo ao desenvolvemento económico do municipio, ao tempo, que redundará nunha maior seguridade e no incremento da calidade de vida dos veciños de Burela, “xa que ao aliviar o tráfico no centro da vila tamén reducimos a contaminación ambiental e acústica nas rúas”. Trátase da construción dunha vía de 1,26 quilómetros que vai desde a intersección coa Avenida de Arcadio Pardiñas ata a Avenida da Mariña, o que suporá o afastamento dos tráficos portuarios do centro urbano, co que haberá unha mellora das comunicacións e de incremento da seguridade viaria. Vázquez Mourelle destacou que, logo de meses de traballo, nos que foi preciso superar as dificultades técnicas derivadas da orografía e da presenza da liña de ferrocarril no trazado, hoxe esta vía está moi avanzada, como demostra o feito de que, onte mesmo se comezou a estender o firme na glorieta de acceso á dársena. Segundo indicou, os traballos continuarán nos vindeiros días ao longo de todo o trazado e que quedarán finalizados neste mes. Ademais, explicou que resta colocar a sinalización e pequenos remates que teñen que ver coa reposición da vía de ferrocarril. A responsable de infraestruturas do Executivo autonómico subliñou que “se trata dunha infraestrutura estratéxica para reforzar a competitividade do porto de Burela, xa que facilitará os movementos de entrada e saída a unha das dársenas galegas que rexistra maior volume de operacións e que, desde a entrada en funcionamento da nova lonxa, viu incrementada a súa actividade”. Ethel Vázquez remarcou que a execución desta vía responde tamén a unha importante demanda dos veciños, posto que a apertura desta estrada reducirá as molestias e o perigo que supón a circulación de máis de 400 vehículos pesados ao día polo núcleo urbano da vila. Ademais, apuntou que agora o Concello debe analizar a nova configuración do tráfico na vila para aproveitar ao máximo a capacidade da vía en beneficio da calidade de vida dos veciños. Resaltou que este acceso ao porto, xunto con outras actuacións tan importantes como a finalización, neste ano, do treito Celeiro- San Cibrao da VAP da Costa Norte, “poñen de manifesto o interese e o esforzo do Goberno galego por dotar aos veciños da Mariña luguesa de máis servizos e de mellores comunicacións e equipamentos”, engadiu.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar