• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

San Valentín

El Ayuntamiento de Cervo convoca el concurso "Unha dedicatoria de amor" con motivo del día de los enamorados

El protagonista será el amor en cualquiera de sus versiones: amistad, familia, pareja,...El plazo para entregar los trabajos finaliza el 13 de febrero

Cartel San Valentín Cervo

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09:40

O Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co VI certame de amor na rede. Nesta ocasión a delegación de Xuventude convoca o concurso “Unha dedicatoria de amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.

Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…; ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.

As persoas participantes deberán entregar unha historia escrita que non supere o espazo dun folio DIN-A4. As dedicatorias recóllense na Casa do Concello, en Cervo, e na Casa da Cultura, en San Ciprián; e tamén poden enviarse ao correo electrónico dinamización@concellodecervo.com. Establécense dúas categorías para cada apartado; para idades de 14 a 17 anos, e de 18 en diante; e o premios serán un vale de compra nun establecemento do Concello (1º categoría); e un vale para unha cea nun establecemento do municipio (2ª categoría).

Os participantes poderán entregar cantos traballos desexen ata o vindeiro 13 de febrero, cando remata o prazo. O fallo do xurado farase público o 14 de febreiro. Cada obra acompañarase dunha folla cos datos persoais do autor, indicando: nome e apelidos, pseudónimo, idade e número de teléfono. Os traballos gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar