• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

OPINIÓN

La Asociación de Vecinos Cruz da Venta está con Alcoa

El Presidente de los Vecinos afirma que es tiempo de "mojarse" por las generaciones venideras

Cartel de la concentración de Burela

Cope de la Costa

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15:32

El presidente de la Asociación de Vecinos Cruz da Venta de San Ciprián, Marcos González, hace pública una carta manifestando su apoyo, y el de la asociación a la que representa, a la fábrica de aluminio Alcoa San Ciprián.

Hace un llamamiento a todos para apoyar la concentración del jueves en Burela porque el problema que está atravesando la factoría no sólo nos afecta a nosotros sino a nuestros hijos y las generaciones posteriores. 

Adjuntamos su carta a continuación

EU TAMÉN VIVO DO ALUMINIO
Con este lema celebramos a concentración na Plaza dos Campos de San Ciprián, e con este lema enchemos os mariñáns a plaza das grandes celebracións da Península da Paz. Xa o fixemos en Xove e volvemos a facelo en Burela e en calquer plaza de calquer municipio donde reclamemos unha solución para o motor da nosa comarca: a factoría de alúmina aluminio de Alcoa San Ciprián. Todos e cada un dos que acudimos á concentración fixemos un acto de responsabilidade e reclamamos unha solución que non está nas nosas mans, pero todos sabemos cal era o noso lugar e debemos poñernos a traballar todos unidos para asentalas bases do noso futuro e sobre todo, o dos que veñen atráis, as nenas e nenos que polas tardes, coma cada día tomarán esta plaza para xogar sen preocuparse do que facemos os maiores. Porque somos nós os que temos que loitar, xa non polo noso futuro, senón polo deles.

Neste acto de responsabilidade, o que escribe é a voz que está á fronte da Asociación de Veciños de San Ciprián, unha asociación que é tamén o reflexo do que acontece, unha asociación que noutrora foi referente da loita e o esforzo contra inxustizas e o xeonllo no que se apoiaron numerosos proxectos, como o foi o da mesma plaza dos Campos no que rehibindicamos unha solución, o Museo de Mar ou o I.E.S. Marqués de Sargadelos no que nos formamos toda unha xeración. Tamén é o momento de que nos paremos a pensar se de verdade queremos loitar e afrontar esta nova adversidade e de que nos unamos nun frente común, porque a unha Asociación de Veciños non pode sosterse cunha media de idade por riba dos 60 anos, é o momento de deixar a un lado as comodidades e poñerse o traxe de faena. Aínda temos moito que facer e o que é peor: temos moito que perder como para quedarnos de brazos cruzados. 

Cando cheguei a concentración dexeronme “Vaste mollar” porque levaba unhas zapatillas deportivas e respondín “Sí, cando rematemos aquí sairei a correr coma cada noite, chova ou non”, cando o fácil é quedar na casa o dificil é alcanzar obxetivos. Veciños: ¡Alcoa non se cerra!

Fdo: Marcos González Villares

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar