A Xunta solta 12.000 alevíns de troita nun afluente do río Miño en Lugo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten prevista a solta de 300.000 exemplares este ano para axudar á repoboación dos ríos desta provincia

Solta de Alevíns no río Ferreira
00:00
Ramudo

Solta de Alevíns no río Ferreira

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura0:22 min escucha

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta fin de semana na solta de 12.000 alevíns de troita no río Ferreira, ao seu paso por Guntín, que veñen a sumarse aos preto de 300.000 exemplares desta especie que está previsto soltar este ano 2025 para contribuír á repoboación dos ríos da provincia de Lugo.

Ángeles Vázquez lembrou que, con estas soltas de exemplares criados en centros ictiolóxicos, a Xunta pretende favorecer a recuperación de especies autóctonas naqueles tramos ou ríos nos que o considera necesario, por unha caída da poboación desta especie como consecuencia de causas asociadas a vertidos ou mortalidades provocadas por motivos varios, pero tamén porque a reprodución natural sexa débil ou inexistente por factores circunstanciais.

No resto dos casos, procúrase favorecer un tipo de xestión da pesca e do hábitat fluvial que promova a renovación natural das poboacións, polos seus propios medios e sen intervención allea que poida ter consecuencias xenéticas ou sanitarias non desexadas.

A solta de alevíns tivo lugar nun afluente do río Miño, no concello de Guntín

Cedida

A solta de alevíns tivo lugar nun afluente do río Miño, no concello de Guntín

exemplares criados no veral

En concreto, os alevíns de troita común (Salmo trutta) que se soltaron esta fin de semana neste afluente do río Miño foron criados no centro ictiolóxico que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten no Veral, no municipio de Lugo. Teñen catro meses de vida e un tamaño de entre catro e cinco centímetros.

O centro do Veral, xunto co de Goó, no Incio, produciron este ano preto de 300.000 exemplares de troita común, dos que unha parte xa foron liberados nos ríos da provincia de Lugo, que verten ao mar Cantábrico e ao océano Atlántico

Segundo explicou a conselleira, estas crías obtivéronse grazas á reprodución de exemplares autóctonos destas especies que foron capturados nos propios ríos con anterioridade.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático realiza un seguimento periódico das poboacións piscícolas de Galicia, co fin de avaliar o seu estado, así como o efecto destas repoboacións ou a súa necesidade.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 17 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking