A resposta a unha necesidade perentoria: pasos firmes para crear centos de vivendas públicas en Lugo

O Concello e a Xunta de Galicia formalizarán este mércores a permuta dos terreos que lle permitirá á administración autonómica seguir cos trámites para construir 87 pisos en Paradai e A Piringalla, ademais dun edificio de aloxamento compartido para mozos en Montirón

Obra Construcción Sanfiz
00:00
Ramudo

El alcalde y la conselleira de Vivenda firman esta tarde la permuta de terrenos para la construcción de edficios de promoción pública en la ciudad | En la foto: un edificio en construcción en el barrio de San Fiz

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Avanza a construcción de vivenda pública no municipio de Lugo. É unha demanda e unha clara necesidade, porque a oferta agora mesmo é limitada e os prezos tanto do alugueiro como da compraventa de inmobles están altos, o que dificulta o acceso da xente moza a un domicilio. A Xunta fará 87 pisos na Piringalla e Paradai. Ademais ten proxectado un edificio con axolamentos para menores de 36 anos no barrio de Montirón, na zona sur da cidade, moi preto do campus universitario.

Precisamente, esta tarde, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia formalizarán a permuta dos terreos que lle permitirá á administración autonómica seguir desenvolvendo o seu plan para crear máis vivenda pública na cidade, un acto no que participará o alcalde, Miguel Fernández, e a conselleira María Martínez Allegue.

146 vivendas en garabolos

Por outra banda, a Xunta informou de que continúa avanzando na adxudicación das obras de construción de 146 vivendas de promoción pública no barrio de Garabolos, na zona norte da cidade, cun investimento de 25,7 millóns de euros.

Por unha parte, a mesa de contratación propuxo a adxudicación da construción dun edificio que albergará 76 vivendas de promoción pública -na parcela C1- á empresa Construcciones Ramírez S.L. por un importe de case 13,5 millóns de euros.

Por outra parte, no caso do outro edificio de 70 novas vivendas -a desenvolver na parcela B3-, a proposta de adxudicación recaeu na empresa Civis Global S.L.U. por un investimento que supera os 12,2 millóns de euros.

O Executivo autonómico traballa co obxectivo de ter rematados os dous edificios destas vivendas no ano 2026.

rehabilitación na tinería

Ademais, o goberno galego informou de que "tamén se lle está a dar un pulo definitivo á rehabilitación do barrio da Tinería", no casco histórico da cidade.

Por outra parte, a Xunta está desenvolver solo para a construción de vivenda na cidade, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial.

O ámbito escollido, en consenso co Concello, é o do Sagrado Corazón, onde se prevé desenvolver solo para 1.200 vivendas.

O executivo galego afirma que segue avanzando na folla de ruta para duplicar a vivenda pública nesta lexislatura, ata acadar as 8.000 vivendas na Comunidade Autónoma.

Martínez Allegue estuvo en Lugo este jueves para lanzar el concurso de ideas para la rehabilitación del Pazo de Dona Urraca, que el BNG considera "una falta de respeto"

Cedida

Martínez Allegue estivo en Lugo, acompañada polo alcalde, Miguel Fernández, para lanzar o concurso de ideas para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 10 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking