Primeiros pasos para construir decenas de vivendas públicas en Lugo: licitado o proxecto dun edificio con 24 pisos na Piringalla

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, por importe de máis de 196.000euros, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 14 de agosto

Conselleira de Vivenda en Lugo
00:00
Ramudo

A Xunta licita o proxecto para construir 24 vivendas públicas na Avenida de Angelo Colocci

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura0:44 min escucha

A Xunta ven de licitar a redacción dos proxectos básicos e de execución e dirección de obra para a construción de 24 vivendas de promoción pública na rúa Angelo Collocci, en Lugo, cun investimento estimado que roldará os 4,4 millóns de euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, por importe de máis de 196.000 euros e un prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 14 de agosto.

O obxectivo é a construción dun edificio na parcela UA-N7, ubicada na rúa Angelo Collocci, unha das seis cedidas polos Concello de Lugo. Nese solar a Xunta ten previsto construir un total de 137 vivendas de promoción pública, cun investimento estimado de 20,9 millóns de euros.

En relación ás outras parcelas cedidas, o goberno galego xa ten tamén en licitación a redacción dos proxectos para a construción de 63 vivendas de promoción pública na zona de Paradai. Ademais, está en marcha a contratación da redacción do proxecto para executar 50 vivendas de aloxamento temporal e compartido para menores de 36 anos na rúa Illa Coelleira.

máis vivenda pública en Lugo

A Xunta segue a traballar para incrementar o parque público residencial na cidade de Lugo, onde tamén está en execución no barrio de Garabolos a construción de 4 inmobles, que suporán máis de 460 vivendas protexidas; e no centro histórico, na rúa Catedral 18 e 22, onde serán rehabilitados 2 edificios ao abeiro do programa Rexurbe, para crear dous fogares.

O Goberno galego tamén avanza no desenvolvemento da 1ª fase da Estratexia Galega de Solo Residencial, en colaboración cos concellos, para facilitar solo destinado á construción de 25.000 vivendas, 20.000 protexidas e 5.000 libres. 

En Lugo, o executivo autonómico está a redactar o Proxecto de Interese Autonómico no ámbito do barrio do Sagrado Corazón, no cal se prevé a urbanización de solo para 1.200 vivendas.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Último boletín

05:00 H | 23 DIC 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking