O Partido Popular esixe o peche definitivo dun after ao goberno local de Lugo: "Protagonistas da crónica de sucesos"

Las Palmeras, un polémico local de ocio nocturno escenario de numerosas liortas e episodios de consumo de drogas, foi clausurado de xeito temporal no ano 2023, pero volveu abrir recentemente

Elena Candia: "O peche de Las Palmeras foi un elemento electoral máis"
00:00
Partido Popular de Lugo

Elena Candia: "O peche de Las Palmeras foi un elemento electoral máis"

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo vén de amosar a súa "preocupación e indignación" pola "pasividade de socialistas e nacionalistas" diante dun problema de seguridade e orde pública que afecta directamente á veciñanza do barrio da Milagrosa.

Os populares refírense de xeito concreto á reapertura do polémico after Las Palmeras, logo de ser pechado de forma temporal no 2023, o que segundo a voceira da oposición, Elena Candia, "pon de novo de manifesto a incapacidade do executivo local para garantir a seguridade dos cidadáns e poñer fin ás prácticas ilegais que levan anos sucedendo nese local".

A máxima responsable do grupo popular lembrou que Las Palmeras pechou, "por decreto" do tenente alcalde Rubén Arroxo, "ás portas das eleccións municipais"

"Hoxe, ten máis motivos aínda para pechar este local e evitar que sigan a vulnerar as normas de convivencia e seguridade na nosa cidade, con infraccións moito máis graves coma permitir o consumo de drogas no interior ou unha denuncia contra a dona por un delito de atentado contra axentes da autoridade", sinalou.

"Non se pode tolerar que un local con tantos antecedentes de ilegalidade e risco social siga operando na nosa cidade", sentenciou Candia, ao que engadiu que "non só teñen que pechar" Las Palmeras, senón tamén outros locais que "están a manter unha actividade similar na mesma contorna, convertendo as rúas en protagonistas da crónica de sucesos", coma acontence coa Rúa Luís Seoane.

"O Partido Popular ten claro que a prioridade debe ser a seguridade e o benestar de todos os lucenses, e non podemos permitir que se sigan tolerando os comportamentos ilícitos que tanto afectan á convivencia nos barrios", advertiu.

Dada esta situación, os populares esíxenlle aos dous socios do goberno local que "actúen de inmediato" para pechar Las Palmeras "de maneira definitiva" e que poñan fin a "esta situación que leva anos causando molestias e problemas de seguridade no barrio da Milagrosa".

After en A Milagrosa

Chema Núñez

Ademais de Las Palmeras, hai outros locais de ocio nocturno polémicos no barrio da Milagrosa

ARROXO: "CANDIA NON VALE PARA SER ALCALDESA"

Non tardaron en chegar as respostas do goberno municipal, en primeiro lugar por parte do eido nacionalista, directamente aludido polas declaracións dos populares.

Rubén Arroxo: "Elena Candia non vale para ser alcaldesa de Lugo"
00:00
Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo

Rubén Arroxo: "Elena Candia non vale para ser alcaldesa de Lugo"

Segundo o tenente alcalde, Rubén Arroxo, "está claro que Elena Candia non vale para ser alcaldesa de Lugo, salvo que queira facer como fan tantos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular por aí adiante, que acaban imputados por prevaricación".

"Ningún cargo político pode decidir por orde política pechar ningún negocio; soamente o pode pechar despois de que haxa un procedemento técnico, unha inspección na que se detecten cuestións que se deban clausurar", advertiu.

"A día de hoxe non son responsable de procedementos sancionadores", aclarou Arroxo, quen lembrou tamén que "en 2023, cando se clausurou o local Las Palmeras, houbo uns condicionantes que si permitían a súa clausura".

"Se Elena Candia pensa que ela, se fose alcaldesa, podería ir por aí adiante pechando os locais que lle dese a gana, ou non ten nin idea do que é ser alcaldesa ou o que quere é ser alcaldesa e cometer delitos de prevaricación", concluiu o político nacionalista.

Vecinos de A Milagrosa contra las drogas y la inseguridad

Chema Núñez

Os veciños da Milagrosa concentráronse para protestar contra as drogas e a inseguridade no seu barrio

ABELLEIRA: "alarmismo para obter rédito electoral"

Pola súa banda, dende o eido socialista do goberno municipal sinalaron que "a Policía Local, en coordinación coa Policía Nacional, está a facer un traballo importantísimo nas zonas conflitivas".

Relataron que "cada madrugada os axentes están a velar por que non se perturbe a convivencia cidadá cunha presenza reforzada de axentes nas franxas máis quentes".

"Isto é un labor que non vén de agora, senón que é a liña de traballo do goberno local desde hai moito tempo", advirte a voceira municipal dos socialistas, Ana González Abelleira.

Ana González Abelleira: "O Partido Popular prefire trasladar alarmismo para sacar rédito electoral"
00:00
Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo

Ana González Abelleira: "O Partido Popular prefire trasladar alarmismo para sacar rédito electoral"

Só na zona norte da cidade, desde o pasado mes de febreiro leváronse a cabo 11 inspeccións en colaboración coa Policía Nacional na que se levantaron un total de 27 actas de denuncia para ser incorporadas aos expedientes, lembraron, e todo a través dun "traballo constante, rigoroso e silencioso" para non interferir no labor policial.

No tocante a casos como o denunciado polos populares, os socialistas aducen que "para armar un expediente sólido, que logre o obxectivo que todos e todas queremos que é a erradicación deste tipo de perturbacións na nosa cidade, é necesario dispoñer do tempo suficiente  e respectar as fases de tramitación do órgano sancionador"

"Trátase dun proceso moi garantista coa propiedade dos establecementos e hai que actuar coa seguridade xurídica necesaria", apuntan.

"Cónstame que o Partido Popular é coñecedor de todo este traballo policial pero, unha vez máis, preferiu caer no alarmismo para obter rédito electoral antes de gardar a lealdade institucional que se lle debe esixir ao partido da oposición", indicou a voceira dos socialistas.

O nacionalista Rubén Arroxo e a socialista Ana González Abelleira comparecen trala reunión semanal da Xunta de Goberno

Baruk Domínguez

O nacionalista Rubén Arroxo e a socialista Ana González Abelleira comparecen trala reunión semanal da Xunta de Goberno

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Últimos audios

Último boletín

17:00 H | 5 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking