Oliver Laxe comparte cos seus veciños da Montaña de Lugo o premio conseguido en Cannes: "É o lóxico, presentar a película na miña casa"

O realizador, asentado dende hai anos nos Ancares, fixo unha preestrea especial en Galicia do filme 'Sirat', no concello de Navia de Suarna, acompañado polo protagonista da longametraxe, Sergi López, e ante centos de persoas

Laxe co conselleiro de Cultura
00:00
Ramudo

Oliver Laxe compartiu o seu premio en Cannes cos veciños da Montaña de Lugo, onde leva anos asentado/ Na foto: o director conversa co conselleiro de Cultura

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

3 min lectura

É público o amor que sinte o cineasta Oliver Laxe pola Montaña de Lugo. Asentado dende hai anos nos Ancares, non deixa de demostralo, con palabras, pero tamén con xestos importantes, deses que sitúan a esta zona rural no mapa da cultura a nivel planetario. Este domingo, apenas 24 horas despois de recoller o Premio do Xurado no Festival de Cannes, fixo unha preestrea especial en Galicia do filme 'Sirat'. Non foi en Compostela, nin en Vigo ou na Coruña, nin sequera na cidade de Lugo. Esa proxección foi en Navia de Suarna, acompañado por moitos representantes políticos, entre eles o conselleiro de Cultura, José Campos, pero sobre todo, arroupado por centos dos seus veciños.

A cousas, a veces, son máis sinxelas do que parecen. Explicouno o propio Oliver Laxe. Tratábase de presentar unha película “na casa, rodeado dos meus, que tan ben me coidan”. Sen máis. “É a segunda película que estreamos aquí”, lembrou, porque antes foi outro filme moi premiado e que tiña Os Ancares como escenario principal: 'O que arde'

Despois de ir ao fronte, hai que estar na casa, para coller forzas”

Oliver Laxe

Director de cinema

Despois de ir ao fronte, hai que estar na casa, para coller forzas”, dixo aos medios de comunicación. Recoñeceu sentirse “moi ledo” pola preestrea, porque supón facer “da periferia centro, que sabedes que é o que me gusta”.

Pola súa parte, o titular de Cultura da Xunta, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou “o fito que supón para o noso audiovisual ter recibido este galardón que reflicte a calidade e talento dos nosos creadores”.

Oliver Laxe, acompañado polo alcalde de Navia de Suarna e o protagonista do filme Sergi López, no acto previo á estrea da película

Cedida

Oliver Laxe, acompañado polo alcalde de Navia de Suarna e o protagonista do filme Sergi López, no acto previo á estrea da película

Neste senso, resaltou o compromiso do Goberno galego con esta industria e incidiu “na intención de seguir mantendo o apoio ao sector para facer que a cultura galega siga a medrar”.

En Navia tamén estiveron o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e a voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Tamén a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acompañada polo alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, dado que a institución provincial colaborou económicamente para facer posible esta preestrea na Montaña de Lugo.

"un día que xa pertence á historia da nosa provincia"

É un orgullo inmenso estar, en Navia de Suarna, nun día que xa pertence á historia da nosa provincia. Celebramos a estrea mundial de Sirat a nova película de Oliver Laxe, un cineasta que non só conquistou os festivais máis prestixiosos do mundo, senón tamén o corazón da nosa terra”, declarou García Porto.

Agradeceu o labor do director, a súa ambición e a súa humildade, “un espello no que se poden mirar os nosos mozos e mozas” e tamén o seu compromiso coa cultura e co territorio.

Agradeceu ademais ao cineasta naviego “por levar o nome de Navia e da provincia Lugo tan alto, e por lembrarnos que dende aquí tamén se pode soñar en grande. O teu traballo dálle forza ao noso rural, ao noso idioma e á nosa maneira de estar no mundo”.

Sinalou que o audiovisual é “un motor de transformación, un vehículo de identidade e un recurso estratéxico para o desenvolvemento do rural”.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 29 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking