Lugo ten unha feira para defender unha profesión en perigo: o gandeiro da montaña

Este evento xuntará o próximo 10 de maio en San Román, no municipio de Cervantes, a 200 animais, grazas ao impulso da asociación Territorio Verde e á colaboración do Concello e da Deputación Provincial

O deputado provincial Pablo Rivera participou na presentación da V Feira de Defensa do Gandeiro de Montaña
00:00
Deputación

O deputado provincial Pablo Rivera participou na presentación da V Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura0:44 min escucha

A provincia de Lugo ten unha feira para defender a supervivencia dunha profesión en perigo: o gandeiro da Montaña. A quinta edición celebrararáse o próximo 10 de maio en San Román de Cervantes, nos Ancares, grazas ao impulso da asociación Territorio Verde e á colaboración do Concello de Cervantes e a Deputación Provincial de Lugo.

Esta quinta edición da feira foi presentada polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín; o concelleiro Miguel González Vilela; e a presidenta da asociación Territorio Verde, Sonia Rodríguez; xunto a outros representantes deste colectivo.

Pablo Rivera destacou que a institución provincial aporta 6.000 euros ao colectivo para apoiar esta cita que reunirá a 200 animais e que busca poñer en valor o traballo do sector agrogandeiro da Montaña lucense.

"un fondo orgullo"

"Desde a Deputación de Lugo sentimos un fondo orgullo por apoiar esta feira, cunha vontade política clara: acompañar aos concellos da montaña na construción dun futuro con raíces profundas. Porque defender ao gandeiro da montaña é tamén defender a economía local, a xestión sostible do territorio, a cultura e o patrimonio natural", afirmou o deputado.

O deputado provincial animou a todos os lucenses e as persoas que visitan a provincia a que se acheguen a San Román este día, "onde non faltarán os concursos, a música tradicional, gastronomía e, por riba de todo, orgullo de ser e de estar na montaña".

Nesta quinta edición, o colectivo organizador prevé superar os 200 animais do pasado ano entre gando vacún, equino, ovino e caprino, procedentes de distintas gandarías da montaña lucense e de Asturias.

FEIRA DURANTE TODO O DÍA

A asociación Territorio Verde co apoio do Concello de Cervantes recuperou no ano 2019 esta tradicional feira co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e lembrar "o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense".

Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña

Territorio Verde

Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña

A feira comezará ás oito da mañá coa recepción do gando. Ao longo do día haberá poxa de xovencas, entrega de numerosos premios aos mellores exemplares, sorteos e xogos para nenos e nenas. A xornada estará amenizada pola mañá polos grupos de música tradicional Os Xardois e Os Gaioleiros, e pola tarde, coa actuación de Tania y su acordeón.

O programa de actividades é o seguinte:

08:00 horas. Recepción do gando e recollida de credenciais.

10:00 horas. Votación do xurado segundo as categorías a premiar.

11:00 horas. Animación a cargo dos grupos de música tradicional Os Xardois e Os Gaioleiros.

12:00 horas. Poxa de xovencas da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga).

13:30 horas. Entrega de premios aos mellores exemplares.

16:30 horas. Actuación de Tania y su acordeón.

19:00 horas. Sorteo de 500 puntos.

20:30 horas. Peche da feira.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 19 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking