"Lugo segue sendo unha das provincias máis seguras de España": a Garda Civil celebra o día da súa patroa

Ten unha taxa de criminalidade moi inferior á media nacional e un nivel de esclarecemento de delitos superior ao 52 %, dixo a subdelegada do Goberno, Olimpia López, no acto celebrado na Comandancia con motivo do Día do Pilar

Homenaje a los caídos de la Guardia Civil
00:00
Ramudo

O acto con motivo do día da patrona tivo lugar no patio de armas da Comandancia de Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

3 min lectura

En tódolos cuarteis e postos da Garda Civil na nosa provincia celebraron onte o día da súa patroa, a Virxe do Pilar. Os actos centrais tiveron lugar na Comandancia de Lugo, onde o coronel Luis Germán Avilés -xefe da propia Comandancia- destacou a labor dos gardas da nosa provincia para manter a seguridade e perseguir o delito. Pero tamén fixo referencía á cara máis amable da Garda Civil. Puxo como exemplo o seu traballo e colaboración nos incendios deste verán.   

Na nosa provincia hai case 1.400 axentes da Garda Civil. A subdelegada do Goberno, Olimpia López, participaba por primeira vez no cargo na celebración do Día do Pilar. Destacou que Lugo é unha das provincias máis seguras de España: ten unha taxa de criminalidade moi inferior á media nacional. Ademais, o nivel de esclarecemento de delitos supera o 52%. Isto é grazas, en boa parte, ao traballo a Garda Civil en Lugo

Na súa intervención, López destacou “a entrega, a humanidade e o orgullo polo servizo público” que define aos gardas civís lucenses, facendo mención especial ao traballo do corpo na loita contra os incendios forestais, “que obrigaron este verán a afrontar situacións de grande complexidade”. Agradeceu a colaboración dos efectivos “para protexer vidas e bens, e nas investigacións que permitiron identificar e deter aos responsables”.

A subdelegada do Goberno, Olimpia López, ao carón do coronel Luis Germán Avilés

Ramudo

A subdelegada do Goberno, Olimpia López, ao carón do coronel Luis Germán Avilés

lugo é unha provincia segura

López subliñou que Lugo continúa sendo unha das provincias máis seguras de España, cunha taxa de criminalidade moi inferior á media nacional e cun nivel de esclarecemento de delitos superior ao 52 %.Os datos avalan o que todos sentimos: vivimos nun territorio tranquilo, e iso débese á vosa profesionalidade e á coordinación cos demais corpos e forzas de seguridade”, engadiu.

  • Durante o seu discurso, a subdelegada fixo referencia a varias operacións destacadas deste 2025, como a Operación AVESE, que desartellou un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas; a Operación TOXOS, centrada na desarticulación dunha rede de branqueo e extorsión a nivel nacional; ou a Operación YAINES, coa detención de 24 persoas implicadas en máis de setenta roubos en naves e establecementos, recuperando material por valor de máis de 600.000 euros.

Tamén lembrou actuacións de carácter máis humano, como o rescate dun mozo con trastorno do espectro autista na “Ruta da Auga ou á localización dun peregrino desaparecido en Quiroga, grazas á coordinación coa Interpol. “Esas historias lembran o verdadeiro sentido da palabra servizo”, subliñou López.

Gardas civís en formación no patio de armas da Comandancia con motivo da celebración da patrona

Ramudo

Gardas civís en formación no patio de armas da Comandancia con motivo da celebración da patrona

loita contra a violencia machistA

A subdelegada reafirmou o compromiso do Goberno coa mellora das dotacións e o aumento de efectivos, consciente das particularidades dunha provincia extensa e cunha poboación dispersa. En decembro do 2017 había 1.297 efectivos, e neste 2025, 1.367. “Imos paso a paso, sabendo que o voso traballo é esencial para garantir a convivencia e a liberdade”, destacou.

López tivo tamén palabras de recoñecemento para o papel da Garda Civil na loita contra a violencia machista, agradecendo o labor dos axentes “que con sensibilidade, rigor e discreción para ofrecer ás vítimas seguridade e esperanza”. 

Cada muller protexida, cada acción preventiva e cada agresor investigado é un paso cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria”, afirmou.

Convidados aos actos con motivo do Día do Pilar na Comandancia de Lugo

Ramudo

Convidados aos actos con motivo do Día do Pilar na Comandancia de Lugo

 A Garda Civil, presenza e apoio en toda a provincia  

Rematou a súa intervención agradecendo “a todos os homes e mulleres da Garda Civil destinados na Comandancia de Lugo e nos postos repartidos pola Montaña, a Mariña, Lemos, a Terra Chá, Sarria e a Ulloa”.

Grazas pola vosa entrega, pola vosa dispoñibilidade constante e pola humanidade coa que exercedes o voso deber. Sodes presenza e apoio, exemplo de servizo público e de compromiso coa cidadanía”, concluíu.

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

17:00 H | 13 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking