Imaxinación, talento e humor: o bo tempo axudou a montar festa no casco histórico de Lugo coa celebración do Entroido
A Praza Maior da cidade foi o escenario un ano máis do tradicional concurso de disfraces e comparsas, que repartiu 7.000 euros en premios, seguido por centos de personas
Cuerda para Rato
Lugo - Publicado el
2 min lectura
Está a piques de rematar o Entroido. Despois de moitas semanas de chubascos persistentes, a tarde deunos a todos unha tregua e a xente saiu a rúa para celebrar por todo o alto esta festa tan popular. Había gañas. Hai que destacar o ambiente e o derroche de inxenio e boa onda en varias localidades da Mariña e, por suposto, tamén en Monforte de Lemos, onde as comparsas encheron de cores e animación as rúas da cidade
En Lugo, un ano máis, coincidindo co martes de Entroido, celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Pode que a capital luguesa non sexa a cidade con maior tradición carnavaleira, pero o desfile foi seguido por centos de persoas na Praza Maior e os concursantes non desmereceron para nada o interese.
De feito, houbo momentos nos que o desfile, moi animado con celebradas coreografías, convertiuse nunha auténtica festa. Os participantes demostraron imaxinación e talento con disfraces elaborados e bailes moi ensaiados. Durante a deliberación do xurado, formado por José Manuel Núñez Blázquez (artista multidisciplinar, director de Ágora Cultural), Fernando Rodríguez Fernández (participante en numerosas edicións do concurso de entroido) e Raquel de Ana Rodríguez (profesora representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón), a veciñanza presente puido desfrutar da animación de Carta de Ajuste
concurso individual
O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 13 persoas. Nesta categoría repartíronse os seguintes premios:
1º premio (500€): Reciclator
Recicleitor apareceu cunha impresionante armadura feita con latas de refrescos
2º premio (300€): Fábrica de Chocolate
3º premio (200€): O capitán pateiro librouse do caldeiro
Accésit (50€): Torre Eiffel
Accésit (50€): Salta Pequeño Canguro
Accésit (50€): Busco a otro mundo
parellas
Na categoría de disfraces por parellas, que contou con 12 participantes, repartíronse os seguintes premios:
1º premio (600€): Vento en Popa a toda Vela
2º premio (400€): África con aromas de café
3º premio (300€): Colorín colorado, Tiana e o sapo cos ovos acabaron
Accésit (100€): Los Guardianes del Bosque
Accésit (100€): Vivir como Dios manda
Accésit (100€): Fregonas Rabudas
Accésit (100€): Do Lixo ao Luxo
Accésit (100€): O Ourizo do Souto Sagrado
comparsas
O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular. Os premios repartíronse do seguinte xeito:
1º premio (1.100€): Os edro de jarana na sabana
Os Edro de jarana na sabana
2º premio (800€): Cuerda para rato
3º premio (600€): Funko Fest
Accésit (200€): Oficios Antigos
Accésit (200€): Mario Party
Accésit (200€): Retratando Vidas
Accésit (200€): Ata o infinito e máis alá
Accésit (200€): De que vamos