A conselleira de Vivenda anima aos propietarios das seis casas que arderon en Pantón (Lugo) a pedir as axudas da Xunta para rehabilitalas

María Martínez Allegue visitou o núcleo de Budián, o máis afectado, no que arderon cinco casas, catro delas segundas residencias, que tamén poden beneficiarse das axudas autonómicas 

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este xoves pola tarde o núcleo de Budián, en Pantón, para coñecer a situación das vivendas danadas polos lumes. Foron en total cinco inmobles, pero só unha das casas é vivenda habitual, as demais son segundas residencias. 

Aproveitou a súa estancia nesta aldea para animar aos propietarios a solicitar as axudas autonómicas para rehabilitación de vivendas afectadas polos incendios. Lembrou, de feito, que a Xunta leva transferidos xa 1,4 millóns de euros en achegas para axudar aos propietarios de inmobles danados polas lapas. 

Destacou que o Goberno galego xa concedeu 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo. Sinalou que dende o 1 de setembro, data na que se activaron estas axudas, un total de 110 persoas presentaron as solicitudes, que se están a tramitar.

  • Concretou que no caso do concello de Pantón, o lume afectou a 6 vivendas, 5 en Budián, das que unha é primeira residencia e o resto segundas residencias, e 1 en Acedre, tamén segunda residencia. 

Xunta

Martínez Allegue puido comprobar in situ os danos que provocou o lume

Achegas de ata 150.000 euros para vivendas habituais

A conselleira puido escoitar esta á veciñanza afectada e comprobar in situ os danos. Animou aos veciños de Pantón a solicitar estas achegas da Xunta, cuxa "tramitación e resolución está a axilizar o goberno galego", 

  • As achegas autonómicas poden acadar case 150.000 euros no caso de vivendas habituais, pois aos 132.000 euros para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200 euros polo enxoval doméstico. No caso das segundas residencias, como estas de Pantón, as axudas son de ata 66.000 euros para reparacións e 5.400 euros para o enxoval.

A Xunta ten habilitadas 16 oficinas para resolver dúbidas das persoas afectadas e axudalas a presentar as solicitudes. A cidadanía tamén pode dirixirse a calquera das oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ou aos concellos.

Temas relacionados