• Domingo, 28 de abril 2024
  • ABC

COPE

Pontón no mitin de Lugo: "O cambio en Galicia está a unha presa de votos"

A candidata do BNG dixo que hai "unha corrente de esperanza que medra día tras día en torno á candidatura" do seu partido

Vídeo

Ramudo

Lugo

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 15 feb 2024

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, dixo que o cambio político en Galicia "é posible", porque a estas alturas da campaña está "a unha presa de votos". De feito, nun mitin en Lugo, amosouse convencida de que "xa é imparable porque hai unha corrente de esperanza que medra día tras día en torno á candidatura" do Bloque.

"Hai un movemento imparable porque hai miles de persoas que están fartas de ver como Galiza perde e queren abrir un tempo novo poñendo en marcha unha Galiza mellor, facendo historia cunha presidenta coas mans libres para defender o país", proclamou.

"A min ninguén me vai poñer límites á hora de defender os intereses dos galegos e as galegas, eu ben sei a quen me debo", engadiu no mitin da capital luguesa, no que tamén interveu a cabeza de cartel por Lugo, Olalla Rodil, e a candidata Montserrat Valcárcel.

Pontón apelou de novo á mobilización masiva e "a concentrar o voto do cambio no BNG", porque é a "única forza capaz de derrotar ao PP este 18-F".

Vídeo


"Que non quede nin un voto na casa"

"Que nin un só voto do cambio quede na casa. Non se pode perder nun só voto", recalcou Pontón.

"Dá igual o que votaran noutras ocasións, este é o momento de que todas as persoas que queren cambio e queren abrir un tempo novo en Galiza aposten todo á papeleta do BNG", dixo convencida de que o Bloque é, a menos dunha semanas das cita coas urnas, a forza que representa "a esperanza para todos os galegos e galegas que queren que Galiza empece a gañar".

Pontón dirixiuse "á maioría social que quere pasar a páxina da Galiza gris e en pequeno que deixa o PP", que xa demostrou que "non ten nin proxecto nin ideas nin ilusión" e, pola contra, é unha "rémora para o país".

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar