COPE

A Ponte Maceira, sobre o río Tambre, xa é Ben de Interese Cultural de Galicia

O Consello da Xunta aprobou a declaración como BIC desta fermosa ponte medieval entre os concellos coruñeses de Ames e Negreira en pleno Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía

ctv-2yk-tg carrusel cabecera grande

A Ponte Maceira, www.turismo.gal

Santiago de Compostela

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:34

O Consello da Xunta celebrado este xoves ven de aprobar o Decreto polo que se declara ben de interese cultural (BIC) na categoría de monumento A Ponte Maceira, sobre o río Tambre, situada entre os termos municipais de Ames e Negreira, na provincia da Coruña.

Segundo informa a administración autonómica, trátase dunha infraestrutura que vertebrou a actividade comercial desta contorna da Galicia interior desde a Idade Media e que hoxe en día forma parte do Camiño de Fisterra e Muxía.

Coa aprobación do decreto de declaración BIC, a Xunta completa o procedemento iniciado en 2017 tras a solicitude dos concellos de Ames e Negreira. Unha vez recompilada toda a documentación, en 2020 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta iniciou o expediente de declaración BIC, que agora se complete coas achegas recibidas no período de exposición pública.

A declaración BIC acorda incluir no Catálogo do patrimonio cultural unha relación de 30 bens do patrimonio etnolóxico, como hórreos, cruceiros ou muíños, entre outros, polo que están sometidas ao mesmo réxime de protección que o resto de inmobles que integran o conxunto.

Á hora de realizar o decreto de declaración BIC da Ponte Maceira, a Xunta solicitou o ditame dos órganos consultivos –Universidade de Santiago, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega de Belas Artes– sobre o valor cultural sobranceiro do inmoble, que resultaron favorables ao recoñecemento. Valórase, especialmente, a súa antigüidade, a súa influencia na configuración do territorio e a súa calidade construtiva e estado de conservación, ademais da documentación que demostra a súa autenticidade.

ctv-dp9-negreira ponte vella

Fonte, Concello de Negreira



SETE SÉCULOS DE HISTORIA DUNHA PONTE SOBRE O RÍO ULLA

Nexo e límite territorial, a ponte actual foi construída entre o século XIII e o XIV polo poder eclesiástico de Santiago de Compostela, co fin de facilitar a comunicación cos portos de Fisterra e controlar o acceso e mercadoría, ademais de actuar como fronteira entre o poder eclesiástico dos Fonseca e os Conde de Traba. Con posterioridade, no século XVIII, José Cornide documenta a súa descrición e o seu precario estado de conservación e os orzamentos de urxencia para a súa reparación feitos polo arquitecto Juan López Freire.

Nesta época a ponte presentaba un total de sete arcos, tres cara á parte da Barcala de feitura máis antiga, gótica; e catro máis modernos, de medio punto, cara a Altamira. No ano 1792 documéntase a derruba e ruína que impediría o seu uso, e que permanecería neste estado ata a restauración xa comezado o século XIX.

As vilas de Cee, Corcubión, Muxía, Moraime e Fisterra, e mesmo de Muros, solicitaran daquela a declaración do interese público da ponte e a eliminación de portádegos e de custos para os usuarios e beneficiarios na súa restauración, malia a vontade dalgún veciño de reconstruílo á súa custa, garantindo o dereito de cobramento para persoas, bestas e carros.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Despois dunha derruba parcial en 1987, a Xunta de Galicia realizou a súa restauración en varias fases entre 1991 e 2001, así como diversas obras de integración ambiental nos conxuntos. Nas mesmas data o Concello de Ames e o Concello de Negreira acometeron actuacións de conservación e mellora do conxunto, muíños, lavadoiros, pavimentos e espazo público, así como de instalacións de subministración.

ctv-ksh-ponte maceira 3

Fonte, Concello de Ames



ESTADO ACTUAL DA PONTE MACEIRA

Hoxe en día A Ponte Maceira conserva a estrutura clásica das pontes medievais, cun longo perfil alombado cara ao centro, cun arco apuntado e dous arcos de medio punto a cada un dos lados, de entre 6 e 14 m de luz do arco central. No estribo esquerdo, no sentido das augas, existen dous arcos de carácter máis recente que teñen por obxecto facilitar o desaugadoiro. Os arcos están protexidos con potentes tallamares de perfil apuntado e remate graduado nos dous sentidos da corrente.

A calzada ten un largo próximo aos 3 m sen que se destaquen rúas, rodeiras ou apartadoiros. As fábricas actuais serían o resultado da actuacións restauradora do século XIX, que reforzaría a construción tras unha derruba.

Na actualidade a súa integración no ambiente é óptima, xa que os percorridos da calzada e dos peitorís se estenden cara ás beiras, con accesos aos muíños e ao leito de grandes bolos de granito naturais que no tempo de augas baixas poden ser empregados como zonas de baño.

O conxunto de bens compleméntase de forma harmoniosa e o lugar da Ponte Maceira destaca no percorrido da ruta do Camiño de Fisterra e Muxía.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Reproducir
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar
Directo Ecclesia

Ecclesia

Con Álvaro de Juana e Irene Pozo

Ver TRECE