Galicia, á cabeza de España en taxa de escolarización 0-3 anos
A grautidade das escolas infantís dispara a matrícula nas garderías de toda a comunidade

Jacobo Rey, director xeral de familia: "coa gratuidade das escolas infantís somos pioneiros"
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Estes días empezan o curso en Galicia os nenos de 0 a 3 anos nas escolas infantís. O groso de cativos faino este luns, ainda que algúns xa o fixeron a semana pasada.
Non hai un calendario fixo, os pais teñen dereito a once meses de servizo e deciden que mes descansa o neno. Agosto é o mes de vacacións máis reclamado.
Por segundo ano, as garderías son gratuitas, tanto as autonómicas, como as municipais e as de iniciativa social. "Fomos pioneiros en toda España", subliña en Cope Galicia o director xeral de Familia e Infancia, Jacobo Rey.
Cada pai aforra uns 2.000 euros por fillo cada curso e iso fixo subir moito a matrícula estes dous cursos. "Segundo os datos do ministerio a taxa de matriculación 0-3 anos en Galicia é do 56%, estamos á cabeza de España".
Satisfacción dos pais
A gratuidade das escolas infantís para os nenos de 0 a 3 anos é unha medida apreciada polos pais. Uns 31.000 estanse a beneficar este curso dela e algúns consultados por Cope amosan a sua satisfacción.
"Creo que é unha das mellores medidas, porque é eficaz. Hai familias que non poderían pagar a mensualidade", explica unha muller que xoga co seu fillo nun parque infantil da Coruña.



