Como descargar o diccionario galego-italiano GALITA

O secretario xeral de Política Lingüística apresentou o texto, que pretende difundir o galego no extranxeiro

ctv-pgy-diccionario-italiano

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, tomou parte esta mañá na presentación do Dicionario Galego-Italiano Galita, unha ferramenta inovadora en liña que permite a conversión directa entre estas dúas linguas románicas. O texto pode descargarse en PDF na páxina web do Centro Investigador Ramón Piñeiro, un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Este dicionario bilingüe en liña representa un feito histórico na lexicografía contrastiva e ten como obxectivo principal a difusión do galego máis aló das súas fronteiras, promovendo a nosa cultura e lingua. Así o destacou Valentín García durante o acto de presentación que tivo lugar no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro.

Isabel González, catedrática emérita da Universidade de Santiago de Compostela e directora deste pioneiro proxecto, subliñou que o Dicionario Galego-Italiano Galita "facilita a difusión do galego máis aló das súas fronteiras como canle divulgadora da nosa cultura e da nosa lingua".

No acto de presentación, tamén participaron Isabel González, Armando Requeixo, secretario do mencionado centro e, a través de videoconferencia, Manuel González González, coordinador científico do Ramón Piñeiro.

Tradución Directa do Galego ao Italiano

O Dicionario Galego-Italiano Galita é o segundo volume do Dicionario Italiano-Galego, elaborado en formato en papel polo Centro Ramón Piñeiro no ano 2000 con preto de 15.000 palabras e que agora pode descargarse desde a páxina web do centro investigador en formato PDF. Este segundo volume, cun léxico de 20.000 entradas e dispoñible desde hoxe na páxina web do Centro Ramón Piñeiro, aparece agora en formato en liña para acadar unha maior divulgación e mellorar as buscas, proporcionando unha ferramenta axeitada para un público o máis amplo posible grazas á difusión que a información acadará a través de internet.

Programa de Investigación IGALEX

Ambos os dous dicionarios forman parte do programa de investigación IGALEX, que baixo a dirección e coordinación de Isabel González, comprende outros proxectos de orientación lexicográfica, como vocabularios de linguas de especialidade que poñen en contacto o galego e o italiano en sectores concretos como o turismo ou as belas artes.

Ao mesmo tempo, IGALEX realiza tarefas de asesoramento lingüístico para institucións e empresas no ámbito galego e contribúe á formación de estudantes de grao e mestrado desde a perspectiva da lingüística e lexicografía italo-galega.

Día Europeo das Linguas

Esta presentación enmárcase na programación do Goberno Galego para o Día Europeo das Linguas, celebrado cada 26 de setembro desde o ano 2001. Unha efeméride que lembra a importancia e a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.

Neste sentido, a Xunta prepara para mañá un recitado multilingüe que terá lugar ás 20:00 horas nos soportais do Museo das Peregrinacións, onde un grupo de estudantes do instituto IES Arcebispo Xelmírez I lerán poemas en distintos idiomas europeos e os traducirán ao galego.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Últimos audios

Último boletín

4:00H | 13 FEB 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking