Mediodía COPE Galicia 05/05/2023 De lunes a viernes a las 13.05 horas

00:00

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Asociación de Campaneiros de Galicia celebra esta fin de semana un congreso sobre o Toque Manual de Campás na localidad pontevedresa da Estrada no que participarán, entre outros, o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña, o único fabricante e fundidor de campás que queda en Galicia, José Enrique López Ocampo, e o campaneiro da Catedral de Mondoñedo, Valentín Insua, "da única catedral de toda Galicia que nunca electrificou o toque de campás e onde sempre foi manual".

Cóntanolo o presidente da Asociación de Campaneiros, José Andrés Barreiro Garrido, responsable xunto con outros mozos de recuperar o toque manual das campás da Catedral de Santiago "co repique francés" e que se mostra moi orgulloso cando asegura que "o que non se transmite está condenado a morrer e nos queremos salvagardar a tradición dos toques e seren gardiáns deses toques".

Para iso contarán ademais coa presenza na Estrada de catro Campaners d'Albaida, promotores deste arte como Ben Inmaterial da Humanidade perante a UNESCO e que chegarán desde Valencia para participar no concerto de campás que se celebrará ás 12 horas do domingo na parroquia estradense de Codeseda.

Un congreso para o que están esgotadas desde hai tempo as prazas para participar e que organiza a propia Asociación de Campaneiros xunto coa Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego APATRIGAL e que conta coa colaboración do Concello da Estrada.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

5:00H | 16 FEB 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking