• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Así é a festa que recrea un naufraxio na Costa da Morte

O concello coruñés de Laxe celebra cada 17 de agosto o Naufraxio, unha homenaxe da xente do mar á Virxe do Carme e unha lembranza aos mariñeiros naufragados

Festa do Naufraxio de Laxe (Costa da Morte, Coruña)

FOTO: TURISMO DE LAXE turismolaxe.gal

Laxe (A Coruña)

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:52

Laxe vive cada 17 de agosto unha xornada moi especial: a Festa do Naufraxio. Neste 2022 a cita fai sesenta anos.

¿QUE SE CELEBRA NA FESTA DO NAUFRAXIO DE LAXE?

A festa do Naufraxio nace para converterse nunha homenaxe que as xentes do mar de Laxe, en plena Costa da Morte, lle renden á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Queren amosar á Virxe o seu agradecemento pola súa protección e axuda durante todo o ano.

Segundo contan dende a Concellaría de Turismo de Laxe, "a celebración realízase anualmente dende que foi instaurada no ano 1962 por Avelino Lema Santos, mariñeiro de Laxe supervivente a tres naufraxios".

RECREACIÓN DUN NAUFRAXIO EN LAXE

Todo arranca ao mediodía, contra as doce celébrase a misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa María da Atalaia e ao rematar sae a Virxe en procesión cara o peirao. Unha vez alí comeza a popular representación do Naufraxio: varios mariñeiros saen nunha chalana dende a parte norte do porto, escenificando a viaxe que realizan cando veñen de pescar. Cando chegan á metade de percorrido a embarcación vai a pique e, despois de botar unhas bengalas, os náufragos comezan a nadar cara o peirao, onde os agarda a Virxe do Carme. Xa en terra os mariñeiros avanzan de xeonllos cara a Virxe e bican os seus pés como mostra de agradecemento.

Con todo, neste tempo, a tripulación percátase de que un dos seus compañeiros está morto e vai na súa busca. Entre os catro supervivientes levan o corpo inerte do seu compañeiro a terra e preséntano aos pes da Virxe do Carme que obrará o milagre de resucitalo.

Especialmente emotivo o momento de entonar a "Salve Mariñeira", un momento de lembranza aos mariñeiros falecidos, aos naufragados e de agradecemento á Virxe.

Vídeo

Fonte: Turismo de Laxe


PROCESIÓN MARIÑEIRA CADA 17 DE AGOSTO

Moita xente achégase para ver de primeira man a recreación e tamén os barcos que forman unha comitiva, engalanados con flores e bandeiras. Logo da escenificación hai unha procesión mariñeira, as embarcacións saen en procesión pola ría, detrás do barco que cada ano teña a honra de portar a imaxe da Virxe. No transcurso desta procesión marítima, tíranse flores á auga.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Unha vez de volta a porto, os mariñeiros que participaron no naufraxio portan descalzos e a hombros a imaxe da Virxe do Carme de regreso á Igrexa Parroquial, de onde non sairá ata o vindeiro 17 de agosto.

60 ANOS DE FESTA

O Concello de Laxe colabora coa Confraría de Pescadores nunha programación especial que conta con pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Cee. Ademais, neste ano 2022 ten lugar unha homenaxe a Avelino Lema Santos, o promotor da festa e que faleceu en setembro do ano 2020

A pandemia do covid provocou que a festa tivese que cancelarse. Logo de dous anos de parón, neste 2022 recuperase con maior ilusión, se cabe.

A festa está declarada de interese turístico e, para o pobo de Laxe é un dos seus días máis importantes, marcados en vermello no calendario. Gumersindo, do Restaurante Bahía de Laxe, atendíanos hoxe dende os fogóns: "É unha tradición de toda a vida... eu teño 61 anos e lembro de pequeno. É moi emocionante, unha tradición, o mar é traidor, hai que andar con tres ollos". Neste caso, Gumersindo pertence a unha familia de hostaleiros e recoñece que estas festas supoñen un revulsivo na zona: "É un día de moito traballo".




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar