• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "Memoria de Peixe" por Marco López

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Nesta campaña porta a porta por todo o concello que estamos a facer en Xove, uns veciños comentáronme que o candidato do PP anda a dicir que algúns dos que se presentan cos nacionalistas unicamente figuran na lista para “adornar”. Unha vez máis agromou a ausencia absoluta de respecto polo rival dun rexedor ao que se lle quenta a boca con demasiada facilidade. O certo é que o clima político no noso Concello é mellor ca hai uns anos. Claro que é mellor. Pero iso só é porque dous non pelexan se un non quere. E ese que non quere entrar en liortas de patio de colexio, son eu. Eu non entrei ao debate cando me chamou “pallaso de circo”. Calei a boca cando dixo de min que era un “personaxe” e un “ninguén”. Tampouco lle devolvín o insulto cando el me chamou “ser desprezable” e “parásito”. Algo semellante xa aconteceu hai oito anos, cando lle dirixiu fermosos epítetos como “vello”, “caimán” ou “ladrón” ao anterior alcalde, chegando incluso a vérense as caras no xulgado. Todo isto atópase nas hemerotecas dos xornais da Mariña. Tampouco dixen nada cando unha xornalista, despois de eu terlle adiantado o esquema da miña argumentación para un pleno sobre o orzamento municipal, lle facilitou esta información ao alcalde. Foi o único debate onde me resultou difícil rebater os seus argumentos, pero decateime de que algo raro pasaba porque parecía saber todo o que eu ía dicir, como se me lera o pensamento. Despois, ao final, el recoñeceume que tiña o meu guión no seu poder e confesoume quen llo facilitara. Iso non ten nome. E ningunha ética periodística. Tamén agora, en plena campaña electoral, os populares xovenses pasaron por encima dun acordo plenario aprobado por unanimidade no ano 2011 que foi respectado por todos os grupos políticos en todas as convocatorias electorais até o de agora. Trátase dunha iniciativa do grupo municipal nacionalista coa que pretendemos evitar a pegada indiscriminada de carteis electorais. Para isto, a propia Administración municipal habilita uns paneis ou taboleiros por todas as parroquias onde se pode fixar a propaganda de xeito ordenado e co que se dá unha imaxe moderna e civilizada de Xove. Con todo, o PP volveunos demostrar que son incapaces de cumprir incluso as normas ratificadas por eles mesmos, como se tiveran unha especie de fallo neuronal que lles impide lembrarse do que aprobaron meses antes. Igualiño que os peixes, que seica só teñen tres segundos de memoria.   Marco López (Candidato BNG-Asembleas Abertas de Xove)

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar