Lourenzá | La Asociación Chao de Castro-Altair en colaboración con el Ayuntamiento organizan diversas actividades para jóvenes de 7 a 17 años, serán este sábado y en Semana Santa

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 16:53

Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez. A edil popular sinalou que “desde o Concello de Lourenzá vimos de colaborar coa asociación Chao de Castro-Altair na realización dunha actividade de grande acampada, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de marzo, na praza do Conde Santo. Trátase dun xogo de acampamento e pistas, que terá como escenario distintos lugares significativos da nosa vila”. Lupe Flórez dixo que “o Concello colabora con dita asociación na cesión de espazos e dependencias para realizar esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos. Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade de carácter gratuíto poden conseguir máis información nos seguintes teléfonos: 685 32 51 53 da asociación e 982 12 10 06 da biblioteca municipal en horario de tarde”. A concelleira de Educación e Cultura engadiu: “esta actividade do día 21 é previa á acampada que realizará dita asociación no entorno da Cazolga en Semana Santa do 28 de marzo ao 1 de abril. Os interesados en participar deben dirixirse ao teléfono da asociación: 685 32 51 53”.

Lo más