• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta financia personal para las oficinas de turismo de Mondoñedo, Ribadeo y Foz

La Xunta de Galicia financia, a través de una línea de ayudas específica, la contracción de personal para las oficinas de turismo de los ayuntamientos mariñanos de Mondoñedo, Ribadeo y Foz. El presupuesto destinado en el conjunto de la comunidad es de 175.000 euros, con un máximo de hasta 8.000 euros para los entes locales que se benefician de las subvenciones.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A delegada territorial, Raquel Arias, destacou que a Xunta, a través de Turismo de Galicia, financia mediante unha liña de axudas específica a contratación de persoal nas oficinas de turismo de tres concellos da Mariña declarados Municipios Turísticos. Arias significou que a liña de apoio que ven de promover Turismo de Galicia beneficia directamente aos concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Foz. A representante do Executivo galego asegurou que estas achegas están dispostas para “manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios que contan coa devandita declaración”. Arias engadiu que con esta medida “estimúlase a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos como de toda a provincia e a comunidade galega no exterior”. A delegada agregou que con esta medida actúase “en colaboración económica cos concellos para divulgar e promover a atención turística neste municipios e no seu entorno”. A representante do Executivo galego lamentou que outros entes locais non presentasen sequera a solicitude para concorrer a esta orde de axudas, dotada cun total de 175.000 euros no conxunto da comunidade. Na situación de non presentar solicitude na comarca da Mariña está o concello de Viveiro. Impulso turístico A delegada territorial do Executivo galego aludiu á colaboración que fai a Xunta no eido turístico, onde con medidas como esta “fai unha aposta para rendabilizar os excepcionais atractivos cos que conta a Mariña”. Raquel Arias valorou a importancia “da acción conxunta de cara a promocionar o turismo, xa que sumando esforzos para a posta en marcha dos servizos necesarios, seremos capaces de definir mellor os obxectivos, priorizar as actuacións e ser máis eficaces na difusión da nosa mensaxe, aforrando ademais en custos”. Os concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Foz beneficiaranse dunha axuda que tiña como tope os 8.000 euros por ente local e cos que se pode sufragar o persoal específico destas oficinas dende o mes de xuño ata outubro, segundo as solicitudes realizadas polos propios concellos. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado. Con esta liña dáse cumprimento á Lei 7/2011, do Turismo de Galicia, que recolle no seu desenvolvemento que que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia. Os tres concellos desta área representan a metade dos concellos lucenses que se benefician destas axudas, para as que tamén presentaron solicitude, que foi concedida en tódolos casos, outros tres municipios da zona sur da provincia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar