• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La reserva de la Biosfera del Eo, Oscos y Tierras de Burón ya dispone de la comisión de coordinación institucional

La directora general de conservación de la naturaleza, Verónica Tellado, participó en la constitución del primer órgano para su gestión; en esta reunión también participaron representantes del Principado de Asturias, alcaldes de los ayuntamientos enmarcados en la Reserva y miembros de sectores con intereses en la misma

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O órgano establecido hoxe é o primeiro deste protocolo, xa que a xestión desta Reserva contará cunha Comisión de Coordinación Institucional, unha Comisión xerente e un Foro de Participación social. A directora xeral de Conservación da Natureza explicou que “para poder cumprir co establecido no Plan de Acción de Montseny 2009-2013 para a  Rede de Reservas da Biosfera Españolas é urxente a constitución dos órganos de administración e os órganos de participación da Reserva da Biosfera”. Neste sentido, hoxe xa se deu o primeiro paso para avanzar na axeitada xestión destes espazos naturais. Na reunión mantida hoxe tamén se levou a cabo a aprobación do borrador do Plan de Acción da Reserva, que será presentado ao Foro de Participación Social cando se constitúa,  xa que entre as súas funcións está a de informar preceptivamente os Plans de Accións da Reserva da Biosfera, propoñendo, no seu caso, as medidas oportunas para a súa conservación, mellora e coñecemento e para o desenvolvemento económico e social da zona. Reserva da Biosfera Esta Reserva, que foi aprobada pola UNESCO en setembro de 2007, ocupa unha superficie de 159.017 ha., repartidas entre 14 concellos, 7 na comunidade galega: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, Fonsagrada e Negueira de Muñiz; e 7 na comunidade asturiana: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos. Non obstante, o reparto superficial non está equilibrado xa que dúas terceiras partes (algo máis de 108.000 ha) atópanse incluídas dentro de territorio galego, mentres que o terreo restante (case 51.000 ha) é territorio asturiano. EDAR Ribadeo Por outra parte, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de comezar os traballos para a construción do emisario submarino da EDAR de Ribadeo, que ten un custo de case 600.000 euros. A EDAR está funcionando dende o verán do ano 2011, cumprindo os parámetros de vertedura. Agora, o novo emisario submarino reconducirá o vertido cara o fondo do mar, onde terá unha maior dilución, reducindo así o risco en caso dun fallo da planta.  En global, as infraestruturas e a explotación do servizo de depuración de Ribadeo ata o 2031, supoñen un investimento para a Xunta de Galicia de máis de 19 millóns de euros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar