• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo | Dicen "son un nuevo desprecio a la zona rural"

El PSdeG critica la eliminación de programas educativos por el PP

La Consellería de Educación ha remitido a los centros de enseñanza una carta en la que anuncia que el Ministerio anula el convenio para los programas Escolas Viaxeiras, Rutas Literarias y Rutas Científicas, con los que los alumnos podían optar a conocer otras comunidades durante unos días a través de intercambios. En los últimos años se han beneficiado decenas de centros de la provincia y de Galicia.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O PSdeG-PSOE de Lugo critica a nova eliminación por parte do PP de programas que permiten darlle un valor engadido á educación sobre todo nas zonas rurais. A Consellería de Educación vén de remitirlles aos centros unha carta na que anuncia que o Ministerio anula o convenio de colaboración con Galicia para o desenvolvemento dos programas de cooperación territorial Escolas Viaxeiras, Rutas Literarias e Rutas Científicas, dos que no último ano foron beneficiados centros de Castroverde, Folgoso do Courel, Foz, Monforte, Sarria, Viveiro ou Guntín. Con estes programas, os alumnos podían presentarse e optar a coñecer cidades doutras comunidades autónomas a través de rutas de varios días relacionadas coa cultura, a ciencia ou a literatura. “Unha vez máis vemos as prioridades do PP, que recurta en pequenas partidas que significan moito para potenciar unha educación diferenciada e con valor engadido, no que supón un novo desprezo ao rural e ás oportunidades dos alumnos destas zonas para o acceso a este tipo de iniciativas”, explica o secretario de Educación do PSdeG en Lugo, Carlos Ferreiro. Na misiva, a Consellería de Educación di que esta eliminación se produce “por razóns orzamentarias”, sen dar máis explicacións, e como consecuencia elimina as convocatorias que xa foran publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 21 de novembro, polo que xa era un proceso avanzado cos prazos abertos e á espera da comunicación final aos centros, co prexuízo que isto supón. “Ademais do desafortunado desta decisión, censuramos a nefasta xestión do PP, que fai e desfai cando quere e elimina uns programas que xa estaban convocados de xeito oficial no BOE, o que amosa unha falta de respecto inaceptable do Goberno aos mestres e alumnos”, engade Ferreiro. O socialista insta ao PP a que explique esta “falta de previsión” para eliminar unhas partidas que xa tiñan que estar previstas.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE